Prazo: 1, 2 de setembro inscripción REQUISITOS: Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba e, se se está matriculado/a de forma oficial nas ensinanzas de Educación Secundaria ordinaria ou na Educación Secundaria para persoas Adultas nivel II, nas modalidades presencial ou a distancia, presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a seren avaliadas pola matrícula oficial, con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando copia da devandita renuncia á solicitude. DOCUMENTACIÓN: •Folla de solicitude de inscrición, no modelo oficial (anexo I da Resolución do 22 de abril de 2011). •Fotocopia do DNI, Pasaporte ou calquera outro documento oficial, no caso de non autorizar á consulta telemática dos datos de identidade. •Copia cotexada do certificado do grup...
Xa podedes consultar as notas que sairon das probas dos diferentes niveis do CELGA, (preme).
Prazo: 15/07/2011 A circular 6/2011 establece os prazos e condicións de matrícula para o curso 2011-2012. O proceso de matrícula realizarase en liña pero a formalización da mesma deberá facerse na secretaría das escolas ou seccións correspondentes. Todo o alumnado de novo acceso deberá facer presinscrición no enlace https://www.eoidigital.com/preinsxunta. O prazo de inscrición abrirase o 27 de xuño e variará segundo os cursos. A matrícula deberá cumplimentarse no enlace : https://www.informaticacentros.com/xunta do 27 de xuño ao 15 de xullo para o alumnado oficial apto na convocatoria de xuño. O resto de alumnado matricularase en distintos prazos en setembro dependendo se é novo ou antigo alumno. Información sobre prazos e condicións de matrícula e preisncrición Información sobre taxas
Acción Formativa: Informática (Iniciación) Data inicio: 10/09/2011 Data finalización: 12/11/2011 Días de impartición: 10, 17, 24 de Setembro e 1 ,8, 15, 29 de Outubro 5, 12 de Novembro 2011 Horario: Sábados de 10:30 a 13:30 Obxectivo Dotar ás persoas participantes dos coñecementos necesarios para ser capaces de obter e procesar información nun ordenador, utilizando as funcións básicas das aplicacións informáticas de oficina e dos servizos de Internet, tanto nas actividades laborais como na vida cotiá. Contidos Módulo 1: Introdución á informática. Tipos de ordenadores Módulo 2: Software. Linguaxe de programación. Sistema operativo. Organización do disco duro. Carpetas. Aplicacións de Windows. Imprimir baixo Windows. Paquetes integrados Office. Módulo 3: Hardware. CPU. Periféricos. Unidades de...