Publicacións

Subvencións para a mobilidade de estudantes universitarios Séneca para o curso académico 2012/2013

Prazo: ata o 12 de maio de 2012 Importe: 500,00 euros mensuais e unha axuda de viaxe única a cada beneficiario de 120,00 €/200,00 € dependendo do desprazamento. Requisitos: . Estudantes matriculados en universidades españolas ou en centros de educación superior, que se achen cursando os estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais de Grado, Licenciado, Enxeñeiro ou Arquitecto ou os de Diplomado, Enxeñeiro ou Arquitecto Técnico, e obtivesen unha praza na convocatoria SICUE para o curso académico 2012-2013. Axudas á mobilidade de estudantes universitarios: para que parte dos estudos poidan seguirse en universidades distintas a aquela na que o estudante se matriculou, con recoñecemento no seu expediente académico dos créditos cursados e aprobados na universidade de acollida. Mais información:Ministerio de Educación Cultura y Deporte...

Bolsas de especialización en control analítico de produtos obxecto de comercio exterior.

Prazo de inscrición: Do 28/04/2012 ata o 11/05/2012 ambos incluídos Duración: ata o 31 de decembro de 2012. Requisitos . Estar en posesión da nacionalidade española. . Estar en posesión do título de Grao ou Licenciado en Ciencias Químicas, Biológicas, Farmacia, Veterinaria, Enxeñaría Superior ou calquera outra titulación universitaria superior relacionada coas Ciencias experimentais. Os títulos conseguidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos. . Acreditar experiencia práctica de laboratorio e en sistemas de calidade en laboratorios de ensaio, valorándose de xeito especial a adquirida nas seguintes técnicas analíticas: - Cromatografía de gases (todos os destinos). - Cromatografía de líquidos de alta resolución (Alicante, Barcelona, Bilbao, Málaga...

9 bolsas de prácticas de comercio exterior.

Prazo: Dende o 25/04/2012 ata o 11/05/2012 Duración: do 1 de xuño, ou dende a data da Resolución definitiva de concesión, ata o 31 de decembro de 2012. Importe: cantidade bruta anual, 12.739,30 euros. Requisitos: . Estar en posesión da nacionalidade española. . Idade non superior aos trinta e cinco anos. . Estar en posesión do título de Diplomado Universitario, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou equivalente; valoraranse especialmente as licenciaturas en Economía, Dirección e Administración de Empresas, Dereito e Enxeñaría. . Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar validados ou recoñecidos oficialmente. . Dominio do idioma inglés. . Acreditar unha experiencia práctica de, polo menos, un ano en actividades relacionadas coa promoción comercial en merca...

Bolsas de formación en especialidades agrarias, forestais, veterinaria, tecnoloxía dos alimentos e b

Prazo:19/05/2012. - 14 bolsas de formación de tecnólogos: 2 bolsas para licenciado en enoloxía, 2 bolsas para licenciados en ciencias químicas, 2 bolsas para licenciados en ciencia e tecnoloxía dos alimentos, 2 bolsas para enxeñeiros agrónomos, 2 bolsas para enxeñeiros técnicos agrícolas, 2 bolsas para enxeñeiros de montes e 2 bolsas para enxeñeiros técnicos forestais. - 14 bolsas de formación de persoal de apoio á investigación: 2 bolsas para o ciclo superior de industria alimentaria; 3 bolsas para o ciclo medio de elaboración de viño e outras bebidas, 2 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia agraria, e 7 bolsas para os ciclos formativos de grao medio e/ou superior da familia química. - 9 bolsas de prácticas ás cales poderán optar estudantes do 2.º curso ou titulados recentes en cic...

Nuevo programa de becas FEUGA para titulados de FP

Requisitos: - Ser titulado de grao medio ou superior de ensinanzas de formación profesional. Estar inscrito no SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA. - Ter cursado estudos nun centro público de Galicia. Así mesmo poderán acceder ao programa de bolsas vos fillos de emigrantes galegos retornados, independentemente de onde obtivesen a súa titulación, se esta foi validada, e persoas tituladas doutras centros españois, se a titulación solicitada non se impartise en Galicia. - Ser menor de 30 anos. - Ter finalizado os estudos nos tres últimos anos. - Non ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período de máis de 10 meses. - No caso de ter gozado doutra bolsa de FEUGA por un período de 10 meses ou menos, deberá ter cumplimentar o cuestionario de avaliación correspondente á b...