Publicacións

BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O ALUMNADO QUE, NO CURSO ACADÉMICO 2012-2013

O prazo de presentación de solicitudes estenderase ata o día 1 de outubro de 2012 inclusive. A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «Trámites e Servizos» ou na dirección electrónica www.educacion.es.   Para os  seguintes estudos con validez en todo o territorio nacional: 1) Primeiro e segundo cursos de bacharelato. 2) Formación Profesional de grao medio e de grao superior. 3) Ensinanzas artísticas profesionais. 4) Ensinanzas deportivas. 5) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluídos a modalidade de distancia. 6) Ensinanzas artísticas superiores. 7) Estudos relixiosos superiores. 8) Estudos militares superiores....

AXUDAS INDIVIDUALIZADAS PARA O CURSO 2012-2013 PARA ALUMNOS CON NECESIDADES ESPECIAIS:

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25 de setembro de 2012 inclusive. 1. Axudas directas para o alumnado incluíndo o afectado por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de minusvalidez ou trastornos graves de conduta. 2. Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de minusvalidez ou trastorno grave de conduta para familias numerosas. 3. Axudas para programas específicos complementarios á educación regulada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais. Podes consultar os requisitos específicos dos beneficiarios de cada tipo de axuda así como os criterios económicos no BOE do día 9 de agosto de 2012.   Máis...

OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRAO, LICENCIADO, ENXEÑEIRO, ARQUITECTO, DIPLOMADO, MESTRE, ENXEÑEIRO TÉCNICO

Convocatoria pola que se rexerá a concesión de bolsas de prórroga para a realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial, en centros públicos de Galicia para o curso académico 2012-2013, a través do programa : bolsas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico. Estas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, da manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia. Solicitudes, prazo de presentaci...

PROGRAMA COMUNITARIO DE MOBILIDADE ERASMUS E SUÍZA

ORDE do 2 de agosto de 2012 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2011/12. Mais información: pinchando aquí.

BOLSAS DE COLABORACIÓN EN DEPARTAMENTOS UNIVERSITARIOS

Beneficiarios: estudantes universitarios que vaian finalizar os estudos de segundo ciclo ou de Grao ou que estean a cursar primeiro curso de Másteres universitarios oficiais. A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2.700 euros. Requisitos académicos: consultar a páxina web www.educacion.es Prazo de presentación de solicitudes: ata o 25 de setembro de 2012 inclusive. Máis información: BOE do día 9 agosto 2012.