Publicacións

Axudas Programa de Inmersión Lingüística en inglés

Prazo: Dende o 26/02/2014 ata o 14/03/2014 O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca 2.200 axudas para participar nun Programa de Inmersión Lingüística en inglés para o verán do 2014, dirixido a alumnos de 5º e 6º de Primaria, e 1º de ESO. Estas axudas distribúense, en dúas quendas e en dous grupos, de acordo cos requisitos que para cada un deles establécense no apartado seguinte: Primeira quenda: de 29 de xuño 2014 a 13 de xullo 2014: Grupo I: 660 axudas de ata 476 euros. Grupo II: 440 axudas de ata 326 euros. Segunda quenda: de 13 de xullo 2014 a 27 de xullo 2014: Grupo I: 660 axudas de ata 476 euros. Grupo II: 440 axudas de ata 326 euros. Requisitos xerais que deberán cumprir todos os solicitantes: a) Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2013/2014 nalgún dos cursos mencionados a conti...

PARA ESTUDIAR FORA

A OMIX e varios voluntarios que viviron a experiencia de sair fora cunha beca poremos en marcha un blog no que falaremos e informaremos a través de experiencias prácticas. ( En construcción) Infórmate dos programas que a Unión Europea e diferentes institucións ofrecen para potenciar a mobilidade dos estudantes.    http://ec.europa.eu/ploteus/home_es.htm http://www.scholarshipportal.eu/#basic http://universidad.es/es/fuera-de-espana/agencias http://becas.universia.es/ES/index.jsp http://www.fundacionareces.es/fundacionareces/portal.do?IDM=20&NM=1 https://becas.agora-santander.com/ http://www.colegiosmundounido.es/index.php? option=com_content&view=article&id=66&Itemid=75&lang=es http://www.becasfaro.es/home.php http://becasargo.es/portal/web/guest/home https://becas.fundacioncajamadrid.es/Bridge http://obrasocial.lacaixa.es/home/obrasocial2_es.html http:...

Axudas estudios universitarios

A Consellería de cultura, educación e ordenación universitariaconvoca axudas para a realización de estudos universitarios durante o curso 2013/14 nas universidades de Galicia. Podedes obter axuda para a tramitación na OMIX de Barro. Mais información: DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013. Pincha nas Bases da convocatoria  

Axudas a desempregados para realizar estudios de Master.

 Pincha nas Bases da convocatoria. Mais información na OMIX de Barro 986714806 Horario de inverno: luns, mércores, venres e sábado de 9:00 a 14:00 horas Martes e xoves de 16:00 a 21:00.

BOLSAS PARA ESTUDIANTES UNIVERSITARIOS

O prazo para presentar a solicitude estenderase ata o 15 de outubro de 2012, inclusive, aínda que este prazo non coincida co prazo de matrícula Poderán presentarse solicitudes de bolsa despois do 15 de outubro e ata o 31 de decembro de 2012 nos seguintes casos: En casos de prazo especial de matrícula debidamente autorizados polas universidades. b) En caso de falecemento do sustentador principal da familia, ou por xubilación forzosa do mesmo que non se produza por cumprir a idade regulamentaria acontecidos despois de transcorrido o devandito prazo. c) En caso de estudantes cuxa situación económica familiar se vise gravemente afectada por causa excepcional sobrevida e debidamente xustificada. A solicitude deberase cumprir mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Departamento na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a «...