Publicacións

19 bolsas da Fundación SEPI-ALCOA

Prazo: 04/09/2011 Enxeñeiro Superior Industrial, de Minas, de Organización, de Telecomunicación, Químico, en Informática e en Automática e Electrónica Industrial. Poderán acceder, así mesmo, aqueles estudantes de enxeñaría superior das titulacións citadas que aprobasen todas as materias, a excepción do proxecto fin de carreira. Mais información na http://www.funep.es/becas/alcoa-fsepi.asp Solicitudes na  www.funep.es

Subvencións para formación dentro do Programa de Epidemiología Aplicada de Campo

Prazo: 05/09/2011 Será requisito estar en posesión dun título universitario español ou equivalente do país de procedencia, nalgunha das distintas disciplinas relacionadas coas Ciencias da Saúde e/ou realizar unha mestría en saúde pública ou posuír experiencia laboral de polo menos dous anos en actividades de saúde pública vinculadas á administración sanitaria española e/ou á cooperación internacional ou a institucións relacionadas coa saúde pública en España ou noutros países. Non gozar dunha bolsa ou subvención de igual modalidade de convocatorias anteriores do Instituto de Saúde Carlos III. Mais información na OMIX de Barro, en  http://www.isciii.es/   ou no BOE: 11-08-2011

Convocatoria de prazas de residencia

Prazo extraordinario: primeira quincena de setembro de 2011 PRAZO EXTRAORDINARIO: primeira quincena do mes de setembro para as ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación desta orde. Mais información na OMIX de Barro ou no: DOG 12-05-2011  Corrección de erros: DOG 12-05-2011

Bolsas estudios Postobligatorios

Estudos para os que se convocan bolsas. -Primeiro e segundo cursos de bacharelato. - Formación Profesional de grao medio e de grao superior. - Ensinos artísticos profesionais. - Ensinos deportivos. - Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia. - Ensinos artísticos superiores. - Estudos relixiosos superiores. - Estudos militares superiores. - Cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos por centros públicos e en centros privados concertados que, ademais, teñan autorizadas os ensinos de formación profesional. - Programas de cualificación profesional inicial Compoñentes das bolsas de carácter xeral. A) Bolsa salario ou compoñente de compensación da ausencia de ingresos de natureza laboral como consecuencia da dedicación ao estudo. B) Compoñente para gastos de desprazamento entre o domicilio familiar do bolseiro e o centro docente en que realice os...

Bolsas estudios Universitarios

Bolsas para ensinanzas universitarias: prazo ata 14-10-2011 (con excepcións). Requisitos: Bolsas para estudantes que no curso académico 2011-2012 cursen en centros españois ensinanzas universitarias con validez en todo o territorio nacional. Non estar en posesión ou non reunir os requisitos legais para a obtención dun título do mesmo ou superior nivel ao correspondente ao dos estudos para os que se solicita a bolsa ou axuda. Cumprir os requisitos básicos establecidos no Real decreto 1721/2007, así como os que se fixan na presente convocatoria. Ser español, ou posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea. Neste último caso requirirase que o propio estudante ou os seus sustentadores estean traballando en España. Ensinanzas comprendidas: a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster. b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Dip...