Publicacións

imaxe xoves

*Xoves ao clareo*

Durante os xoves de xullo e agosto, no Santo Antoniño, desenvolveranse uns obradoiros dirixidos á mocidade nos que se poderán aprender a realizar actividades tan diversas como entretidas. ⏳ As prazas son limitadas, polo que xa está aberto o prazo para realizar a inscrición previa na actvidade ou actividades que máis che interesen. Non quedes sen a túa praza! Cubre a solicitue . Podes enviala ao email da OMIX de Barro: omix@barro.es ou entregala no Concello de Barro.

Oficina Municipal de Información Xuvenil

O Concello de Barro dende a súa Oficina Municipal de Información Xuvenil facilita información e asesoramento para ampliar as opcións dentro de diferentes ámbitos; laboral, educación, ocio e o tempo libre, vivenda, etc Temos a vosa disposición un fondo de documentación organizado por áreas de interese que podedes consultar en horario de oficina (asociacionismo, voluntariado, turismo, premios e concursos, bolsas e axudas, actividades de lecer e tempo libre, ofertas de emprego, carnés, etc.) HORARIO OMIX durante o verán de luns a sábados de 9:00 a 14:00 horas. A partir do mes de outubro horario de inverno: Luns, mércores, venres e sábados de 9:00 a 14:00 horas. Martes e xoves de 16:00 a 21:00 horas. Non esquezades que na OMIX de Barro podedes tramitar o Carne xove, destinado á mocidade en idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos, ambas incluídas), a...