AXUDAS A SECTORES AFECTADOS POLA SITUACIÓN PANDÉMICA DO CONCELLO DE BARRO Anuncio: Dando cumprimento ao artigo 18 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de subvencións, faise pública a relación de axudas outorgadas, ao abeiro das Bases Reguladoras e convocatoria de Axudas a sectores afectados pola situación pandémica do concello de Barro”, cuxo texto completo se publicou na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/575406) e que tiñan como destinariarios os sectores económicos (hostalería, comercio, ximnasios, ocio, cultura ou similares, sempre que sexan pemes ata 10 persoas empregadas e autónomos) que viron afectada a súa actividade durante a pandemia. O citado programa contaba con financiamento da Deputación Provincial de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos 2021 Liña 2. A Xunta de Goberno Local do conce...
BANDO XLIII FESTA DO VIÑO DE BARRO Don Xosé Manuel Fernández Abraldes, Alcalde-Presidente do Concello de Barro, fai saber que: - Os días 16, 17, 18 e 19 de xuño terá lugar a XLIII edición da Festa do viño de Barro, polo que se pon en coñecemento das persoas elaboradoras de viño que a entrega dos viños caseiros que queiran participar no concurso deberán presentado dende o 23 de maio ata o 9 de xuño nas oficinas municipais en horario de 9:00 a 14:00 horas. - As cinco categorías que valorará o xurado son: branco país, tinto país, albariño, caíño e outras elaboracións de variedades autóctonas (mencía, plurivarietais, rosados, escumantes, etc). Por cada viño que se presente ao concurso deberanse entregar un total de tres botellas. - A primeira fase da cata dos viños caseiros celebrarase no Cent...
O Concello de Barro en colaboración coa Excma. Deputación de Pontevedra pon en marcha un Programa orientado a fomentar a igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero “Espazos de Lecer Concilia no 2022” Este ano ofrécense un total de 100 prazas para o mes de xullo e 50 para o mes de agosto. O prazo de presentación de solicitudes será do 13 ao 21 de xuño (ambos incluídos) nas oficinas municipais.