CONCURSO DE DISFRACES-ENLIÑA O Concello de Barro, con motivo do Entroido 2022, convoca un concurso de disfraces para persoas empadroadas no municipio de Barro, establecendo dúas categorías: Individual 1º premio: 80 €, 2º premio: 6 0€, 3º premio: 40 € Grupo Convivintes 1º premio: 10 0€, 2º premio: 80 €, 3º premio: 60 € (Os premios serán en vales para consumo no comercio local de Barro) As persoas que queiran participar neste concurso enviarán as fotografías dos seus disfraces ao correo electrónico omix@barro.gal dende o xoves día 16 ao mércores 23 de febreiro ás 00:00h. O día 25 publicaranse todas as fotos nun álbum no Facebook da OMIX de Barro, as fotos gañadoras serán as que reúnan máis reaccións (gústame/encántame) na foto publicada neste álbum. A d...
NOTA INFORMATIVA Dentro do Plan de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que a Deputación de Pontevedra ten aprobado para o exercicio 2022, o Concello de Barro solicitou a contratación de varios/as traballadores/as nas seguintes categorías: - 2 CONDUCTOR CAMIÓN, EN XERAL. - 2 PEÓN DE TRANSPORTE, EN XERAL. - 2 AXUDANTES ALBANEL. - 6 OPERARIOS DE PARQUES E XARDÍNS. As contratacións faranse de forma escalonada ao longo do ano e tódolos contratos terán unha duración de seis meses cunha xornada laboral de 35 h/semanais e serán cofinanciadas pola Deputación...
As verbas que contan Concurso prosa e verso en galego. 1. PARTICIPANTES: Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario, e que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro. 2. EXTENSIÓN: Esta convocatoria ten como novidade o tipo de composicións a presentar, en prosa: contos ou microrrelatos e en verso: acrósticos, caligramas ou haikus. 2.1.- PROSA: CONTOS E MICRO RELATOS Os traballos cómpre que sexan, orixinais e inéditos e en lingua galega. Terán unha extensión MÁXIMA de: • Para alumnado de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen ilustracións que conten unha historia, cunha extensión máxima de 6 folios por unha cara incluídas a portada e a contraportada (un traballo por aula). • Para alumnado de primaria a extensi&oacut...
LIMPEZA DE PARCELAS E XESTIÓN DAS FRANXAS DE PROTECCIÓN Para dar cumprimento á Lei 3/2007 de 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia, as persoas ou entidades propietarias de parcelas deben mantelas limpas e xestionar correctamente a biomasa das franxas de protección antes do día 31 de maio do 2022: As parcelas lindantes con solo de núcleo rural ou urbano, solo urbanizable, edificacións ou vivendas illadas, gasolineiras, parques e instalacións industriais deben manter limpa unha franxa de 50 metros. Nesta franxa de 50 metros non poderá haber especies pirófilas (piñeiros, eucaliptos, acacias, mimosas, etc.) e as árbores frondosas caducifolias (castiñeiros, carballos, freixos, etc.) deberán separse 7 metros entre si, medidas de pé a pé. Estas parcelas tamén deberán manter unha franxa de 15 m...
PROGRAMA DEPOTERMAL 2022 A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellora-la calidade de vida e envellecemento activo, así como fomentar as relacións sociais, “Plan Depotermal” 2022 poñendo en marcha dous programas termais: Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos - BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS. - PALACIO DO AUGA. MONDARIZ. - HOTEL SPA VÍA ARGENTUM. SILLEDA. - HOTEL SPA HOTEL GALATEA. PORTONOVO, SANXENXO. - HOTEL SPA NUEVO ASTUR. VILALONGA, SANXENXO. De acordo no establecido na base sexta da convocatoria, o desconto aplicado as prazas ordinarias calcularase en función...