Artigos

luar na lubre xuño 2021

Concerto LUAR NA LUBRE

ACTUACIÓN LUAR NA LUBRE - FESTA DO VIÑO 2021 O sábado 19 de xuño de 2021 ás 22:00 horas, e dentro da programación do que iba a ser a XLII FESTA DO VIÑO DE BARRO vaise a celebrar un concerto do Grupo LUAR NA LUBRE. A actuación está subvencionada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa MUSIGAL.

aprazamento concertos do viño

APRAZAMENTO ACTUACIÓNS XLII FESTA DO VIÑO

BARRO APRAZA OS CONCERTOS DO VIÑO POR CAUSA DAS PREVISIÓNS DE CHOIVA PARA A FIN DE SEMANA O Goberno municipal tomou a decisión de aprazar os Concertos do Viño programados para esta fin de semana por causa das previsións de choiva tanto para o sábado como para o domingo e ante a imposibilidade de trasladar o evento a un lugar cuberto cumprindo coas normas de distanciamento social ditadas polas autoridades sanitarias.  O concello xa está buscando novas datas para a realización deste evento. Cómpre gardar as entradas, pois serán as mesmas para as novas datas.

cartel luar na lubre 10 07 2021

NOVA DATA ACTUACIÓN LUAR NA LUBRE

NOVA DATA ACTUACIÓN LUAR NA LUBRE -  FESTA DO VIÑO 2021 O sábado 10 de xullo de 2021 ás 22:00 horas, e dentro da programación aplazado da XLII FESTA DO VIÑO DE BARRO terá lugar o concerto do Grupo LUAR NA LUBRE. As entradas para o evento serán as mesmas que se recolleron nas oficinas municipais para a data anterior.  A actuación está subvencionada pola Deputación de Pontevedra a través do Programa MUSIGAL.  

novas datas concertos do viño 2021

2021 novas datas concertos do viño

NOVAS DATAS  PARA OS CONCERTOS DO VIÑO, APRAZADOS POR CAUSA DAS CONDICIÓNS METEREOLÓXICAS O Goberno Municipal informa que as novas datas dos CONCERTOS DO VIÑO  serán: - LUAR NA LUBRE: 10 de xullo de 2021 ás 22:00 horas. - PÍSCORE: 11 de xullo ás 12:00 horas. - BXB + SUSO VAAMONDE: 25 de xullo ás 20:00 horas.  Entradas: - As entradas valerán as mesmas que xa estaban retiradas para as datas anteriores. - A aquelas persoas que polo cambio de datas lles sexa imposible ir prégaselle que as devolvan nas oficinas municipais, co obxectivo de poder asignarllas a outras persoas.

imaxe xoves

*Xoves ao clareo*

Durante os xoves de xullo e agosto, no Santo Antoniño, desenvolveranse uns obradoiros dirixidos á mocidade nos que se poderán aprender a realizar actividades tan diversas como entretidas. ⏳ As prazas son limitadas, polo que xa está aberto o prazo para realizar a inscrición previa na actvidade ou actividades que máis che interesen. Non quedes sen a túa praza! Cubre a solicitue . Podes enviala ao email da OMIX de Barro: omix@barro.es ou entregala no Concello de Barro.