Artigos

limpeza parcelas incendios 2021

BANDO LIMPEZA PARCELAS INCENDIOS 2021

B A N D O        O Señor Alcalde do Concello de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes,         LEMBRA que o 31 de maio remata o prazo establecido pola lei 3/2007 do 9 de abril,  da Xunta de Galicia, de prevención e defensa contra os incendios forestais, que decreta que os titulares de terreos forestais teñen a obriga de realizar unha correcta limpeza das parcelas máis próximas aos núcleos habitados e outras instalacións.         Segundo a lexislación vixente os responsables da gestión da biomasa meses ámbitos son os propietarios dos terreos, polo que a non actuación sobre estes pode traer consigo sancións económicas por parte da Xunta de Galicia.

bando axudas emerxencia social 2021

AXUDAS BASICAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2021

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL EXERCICIO 2021 A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOPPO núm. 10 do 18 de xaneiro de 2021, a aprobación das Bases da convocatoroia de Axudas Básicas de Emerxencia para o exercicio 2021.   TIPOLOXÍA DE AXUDAS:   1) Alimentación: alimentos perecedeiros, para bebés ou persoas con dietas especiais  prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). 2) Uso da vivenda: axudas para o pago de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, axudas para o pago de hipoteca, con carácter excepcional, axudas para acondicionamento. 3) Pagamento de recibos: Evitar a perda de subministracións básicas da vivenda (recibo de electricidade, gas ou agua). 4) Pagamento de produtos e servizos de hixiene e limpieza. 5) Pagamento de produtos farmaceúticos. 6) Adquisición de electrodomésti...

imaxe brindemos polo noso 2021

CAMPAÑA BRINDEMOS POLO NOSO

CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DOS VIÑOS E A HOSTALARÍA DE BARRO: “BRINDEMOS POLO NOSO” – Viños de Barro, viños de calidade. O Concello de Barro organiza unha Campaña de promoción dos viños de Barro elaborados por adegas locais ao amparo da DO Rías Baixas e dos establecementos nos que se poden consumir e que coincidirá coas datas nas que se tería que celebrar a Festa do viño de Barro, que por causa da situación sanitaria que estamos vivindo non se poderá celebrar no seu formato orixinal. Estas datas supoñen unha oportunidade para promover e dar a coñecer os viños de calidade do no noso concello, mais supón tamén unha oportunidade para promover o consumo e incrementar a visibilidade e promoción da hostalaría de Barro. “BRINDEMOS POLO NOSO” – Viños de Barro, viños de calidade é un...

2021 bando fogueiras san xoan e san pedro

FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO 2021

FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO 2021 Faise Saber que aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán   (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 22 de xuño  (San Xoán) e ata o día 26 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación dirixida ao Concello.   As comunicacións presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos (https://barro.sedelectronica.gal/) ou no Rexistro Municipal,  segundo o modelo que se fai público.           Que este ano, como consecuencia do COVID-19, unicamente se autorizarán fogueiras en terreos privados.           Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento das medida...

foto composteiro

SOLICITUDE COMPOSTEIRO

SOLICITUDE DE COMPOSTEIRO INDIVIDUAL                   Se eres veciña ou veciño de Barro e estás interesado/a en colaborar no tratamento de residuos orgánicos, e ser máis respetuoso co medio ambiente, podes solicitar un composteiro no Concello.                 Para a súa solicitude podes descargar o impreso que se anexa e presentala a través da Sede Electrónica do Concello Barro https://barro.sedelectronica.gal/ ou presencialmente no Rexistro do Concello de Barro.