Artigos

BASES CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ConBdeBarro

Entidade organizadora e obxectivo   -O Concello de Barro, organiza o concurso fotográfico #ConBdeBarro. -Este concurso trata de describir a cultura, a vida, o patrimonio, a natureza e as costumes de cada parroquia do Concello de Barro. -Coas fotografías, os participantes mostrarán: actividades de tempo libre, traballos, lugares especiais, espazos, paisaxes, etc. que acontezan no rural, en Barro.     Período e ámbito de aplicación   Dende o domingo 19 de xullo de 2020 iniciarase este concurso, para poñer en valor a beleza e o interese de cada parroquia do Concello de Barro. Seguindo as actividades deseñadas para o verán 2020 dentro do programa “ConBdeBarro” os/as participantes realizarán fotografías vinculadas a cada unha das propostas culturais que se realizarán en cada parroquia.   Os participantes enviarán as f...

paraliz concurso conbdebarro

PARALIZACIÓN DE PRAZOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA ConBdeBarro

O Concello de Barro, por Resolución de Alcaldia de 14/09/2020, acordou modificar o punto terceiro das bases do CONCURSO DE FOTOGRAFÍA “ConBdeBarro”, no tocante aos prazos de presentación, reunión do xurado e designación de gañadores, DEIXANDO PENDENTE A DESIGNACIÓN DE NOVAS DATAS, debido á situación de novos contaxios que está a provocar o COVID-19. No momento que se activen os prazos procederáse a súa publicación con antelación suficiente para continuar co concurso.

apoio a familias afectadas polo covid-19jpg

BANDO APOIO FAMILIAS AFECTADAS COVID

APOIO A FAMILIAS AFECTADAS POLO COVID-19               O Sr. Alcalde do Concello de Barro, D. Xosé Manuel Fernández Abraldes, FAI SABER:             Diante da situación sanitaria que estamos a vivir e a proliferación de casos nos concellos da nosa controna, ainda que as autoridades sanitarias non nos informan dos casos existentes no noso municipio, mais que a publicación en prensa dos casos dos centros escolares, sabemos de maneira extraoficial de persoas/familias de Barro afectadas ou ben por contaxios ou corentenas preventivas.             Dende o Concello ofrecemos toda a nosa colaboración para axudar as persoas ou familias afectadas, ao igual que se leva facendo dende mediados de marzo, momento no que se declarou a pandemia. Para solicitar calquera tipo de axuda...

foto 1 desbrozadora

2020 PLAN CONCELLOS COMPRA DESBROZADORA DE BRAZO LATERAL

Con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, o Concello de Barro mercou este ano unha nova desbrozadora de brazo lateral para o tractor municipal, destinada á realización de traballos de desbroce dos camiños municipais. Esta desbrozadora, foi mercada á empresa Hitraf, S.A. por un importe de 17.545,00 IVE incluido, por ser a mellor oferta presentada.