OS CONTOS QUE CONTAN. 2019.- BASES CERTAME 1. PARTICIPANTES: Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario, e que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro. 2. EXTENSIÓN: Os traballos compre que sexan orixinais e inéditos, en lingua galega e terán unha extensión mínima de: • Para alumnado de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen ilustracións que conten unha historia, cunha extensión máxima de 6 folios por unha cara incluídas a portada e a contraportada (un traballo por aula). • Para alumnado de primaria a extensión será de tres carillas, tendo en conta que deberá ter estrutura de conto,...
XIV CONCURSO DEFOTOGRAFÍA IMAXES DE BARRO ENCORES 2019 Entidade organizadora e obxectivo -O Concello de Barro, organiza un concurso fotográfico na rede social Instagram titulado #ImaxesdeBarroenCores19. -Este concurso trata de describir a vida, o patrimonio, a natureza, as costumes do Concello de Barro. Coas fotografías, os participantes mostrarán: actividades de tempo libre, traballos, lugares especiais, momentos familiares, comidas, espazos, etc. que acontezan no rural, en Barro. Período e ámbito de aplicación Durante catro semanas iniciarase un reto para divulgar as imaxes do Concello de Barro a través das cores. Unha cor cada semana que se comunicará desde as canles sociais do concello de Barro, en especial en Instagram. Os participantes colgarán unha fotografía sobre o Concello de Barro poñendo o hashtag #ImaxesdeBarro...
BANDO XL FESTA DO VIÑO DE BARRO D. XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ ABRALDES, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE BARRO (PONTEVEDRA).-------------- FAI SABER: QUE OS VINDEIROS DÍAS 13, 14, 15 E 16 DE XUÑO DE 2019, TERÁ LUGAR A XL EDICIÓN DA FESTA DO VIÑO DE BARRO, POLO TANTO PONSE EN COÑECEMENTO DOS PRODUCTORES: - Recollida de viños: ata o vindeiro 3/06/2019 ás 15:00 h. - Empaquetado: no baixo do Concello o día 5/06/2019 ás 21:00 horas. - 1ª cata: 9 de xuño de 2019 ás 11:00 horas. Se alguen precisa que se lle recolla o viño na súa adega deberá solicitalo chamando ó teléfono 986 711 002. Barro, 14 de maio de 2019.