AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOPPO do 2 de abril de 2018, a aprobación das bases das axudas básicas de emerxencia para o ano 2018. TIPOLOXÍA DE AXUDAS: Alimentación: alimentos perecedeiros, para bebés ou persoas con dietas especiais prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.) Uso da vivenda: axudas para o pago de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, axudas para o pago de hipoteca, con carácter excepcional, axudas para acondicionamento. Pagamento de recibos: Evitar a perda de subministracións básicas da vivenda (recibo de electricidade, gas ou auga). Pagamento de produtos de hixiene e limpeza. Pagamento de produtos farmacéuticos. Adquisición de electrodomésticos bá...
Este 15 de xuño de 2018 e dentro da Programación CULTURA NO CAMIÑO vanse desenvover as seguintes funcións do espectáculo do MAGO ANTÓN “A VOLTA A GALICIA EN 313 CONCELLOS”: 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. O espectáculo terá lugar no Pazo da Crega (San Antoniño – Perdecanai – 36194 Barro). Este espectáculo levase a cabo grazas á colaboración de AGADIC (Consellería de Cultura, Educación Universitaria), Axencia Turismo de Galicia e GADIS.