CAMPAMENTOS DE VERÁN “DEPO AVENTURA A LANZADA 2018” A Deputación de Pontevedra publicou no (BOPPO nº46 do 6/03/2018) Extracto (BOPPO nº47 do 7/03/2018) as bases reguladoras do Programa Depo Aventura A Lanzada para o ano 2018. Obxecto: Promover e fomentar o desenvolvemento persoal e social das rapazas e rapaces e favorecer a comunicación e o dinamismo multicultural. Os campamentos distribuiranse en 11 quendas de 7 días de duración cada un. Destinatarios: Poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos: ·Ter nacido entre 2005 e 2010 (ambos incluidos) ·Estar empadroadas ou empadroados na provincia de Pontevedra. ·Non padecer ninguna enfermidade infectocontaxiosa en fase activa. Prezo da praza: ·100 €/praza ·80 €/praza para menores de familias numerosas ·Subvención do 100% da praza para menores de familias en sit...
A Consellería de Medio Rural, en base á Lei 3/2007, e á Orde do 31 de xullo de 2007, establece: 1. Todas as persoas propietarias ou usufructuarias de terreos situados no Termo Municipal teñen a obriga de xestionar a biomasa vexetal nas súas propiedades antes do 30 de maio de cada ano. Esta xestión debe executarse obrigatoriamente nas seguintes zonas: En faixas de 50 metros arredor dos núcleos de poboación, así como dentro dos propios núcleos; arredor de parques industriais, e de outras instalacións e edificacións illadas situadas incluso en sólo rústico. 2. De acordo coa devandita lexislación e coa Lei de Montes 7/2012 de 28 de xuño, o non cumprimento da obriga da xestión de biomasa vexetal constitúe unha infración pola que as Administracións Públicas poden impoñer sancións...
O concello de Barro ten previsto levar a cabo a construcción de unha nova depuradora de augas residuais a situar na parroquia de Perdecanai, nos lugares de Lourido ou A Gándara. Os terreos para a localización dese novo equipamento deben de reunir unhas condicións axeitadas de superficie, escorrentía e sitaución perto do río. Abrese un prazo de un mes para que os propietarios interesados poidan ofertar terreos que reunan as características necesarias para o emprazamento da infraestructura municipal.
VI CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “BARRO 2018” BASES 1.- As presentes bases teñen por obxeto regular a participación no VI Certame de Pintura Rápida “BARRO 2018”, que terá lugar o día 17 de xuño de 2018. 2.- Poderán participar no concurso calquera persoa que o desexe inscribíndose previamente. O dereito de inscripción será gratuito. 3.- Inscripción: Os participantes poderán optar por calquera das seguintes canles: a) Presentar instancia no Rexistro do Concello de Barro (Santo Antoniño 11 – Perdecanai – 36194 BARRO) ata as 15:00 horas do día 15 de xuño de 2018. b) A través do correo electrónico oficinas@barro.es ata as 15:00 horas do día 16 de xuño de 2018. En calquera caso as solicitudes deberán conter os seguintes datos: - Nome completo do autor/a. - Direcció...