COMO SE XOGA
ELEMENTOS QUE PRECISAMOS:
-12 laranxas, unha vimbia, 1 corda e un pano para tapar os ollos
As laranxas estarán divididas en grupos de 3
empregando topes entre os grupos, furando a vimbia.
INTENTOS:
-Cada persoa dálle unha vez cos ollos tapados
DISTANCIA DE SAÍDA:
-5 pasos
PAU:
-mango dun sacho
GAÑA QUEN TIRE A ÚLTIMA LARANXA.
PRIMEIRA.- Obxecto
Convócase o Xogo da “CORRIDA DO GALO” co obxectivo de, fomentar a participación e convivencia durante as Festas de Entroido e recuperar as tradicións compartíndoas cos veciños e visitantes.
SEGUNDA.- Participantes
Realizarase unha primeira campaña de dinamización e mostra do xogo dentro do CEIP Amor Ruibal, na que os grupos dos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria practicarán o xogo, en gran grupo, para coñecer as regras e a súa historia.
Posteriormente e xa nas diferentes fases do xogo poderán participar todas as persoas que o desexen individualmente en cada unha das parroquias do Concello de Barro.
TERCEIRA.- Inscricións
A inscrición efectuarase cumprimentando unha solicitude no lugar da proba o día 19 de febreiro 30 minutos antes do comezo do xogo. A inscrición será gratuíta.
CUARTA.- Lugar de celebración
A celebración deste concurso será en:
1.- FASE DE CLASIFICACIÓN
Parroquia |
Lugar |
Curro |
Cultural |
Valiñas |
Local Social |
Agudelo |
Campo da Cruz |
A Portela |
Estación |
Barro |
Porráns |
Perdecanai |
Diante do Centro Cívico |
2.- FASE FINAL
Diante do pavillón municipal de Barro.
QUINTA.- Datas
-Xornada de demostración no CEIP Amor Ruibal: 13, 15 e 17 de febreiro 2023
-Xogo: O xogo da CORRIDA DO GALO realizarase en 2 días:
- FASE CLASIFICATORIA: domingo 19 de febreiro, ás 17:30h. Os participantes deberán acudir a para recibir as indicacións da organización.
- FASE FINAL: día 26 de febreiro ás 18:00 h. Os participantes deberán acudir a para recibir as indicacións da organización.
SEXTA.- Modalidade e fases do xogo:
Xogo individual. A modalidade de xogo será a tradicional, cunha fase de clasificación e unha fase final.
FASE DE CLASIFICACIÓN
Esta fase consistirá nun xogo todos contra todos, xogándose unha partida en orde de inscrición. Cada participante realizará un toque, repetindo o número de veces necesario ata que se tire a última laranxa, o que determinará o gañador por parroquia. Os gañadores consolidaranse nun taboleiro para pasar á seguinte fase do xogo.
FASE FINAL.
Xogarase por sorteo entre tódolos gañadores da clasificación nas parroquias. Cada participante realizará un toque, repetindo o número de veces necesario ata que se tire a última laranxa, o que determinará o gañador absoluto.
SEPTIMA.- Premios
Concederanse os seguintes premios:
NOVENA.- Condicións de participación
A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases así como a decisión da Organización nos casos non previstos nas mesmas. Así mesmo autorízase á organización para realizar e publicar cantas fotografías considérense oportunas.
DÉCIMA.- DATOS PERSOAIS
De conformidade co disposto no Regulamento (UE) 2016/679, do 27 de abril (GDPR), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro (LOPDGDD), informamos de que os os datos persoais serán tratados baixo a responsabilidade do Concello de Barro para a xestión deste concurso, por ser necesario para o mantemento da relación que implica dito concurso, e para publicar os datos do/a gañador/a, nos medios de comunicación, mediante a obtención do consentimento obtido a través da ficha de inscrición.
Conservaranse os datos durante non máis tempo do necesario para manter os fins do tratamento ou mentres existan prescricións legais que ditaminen a súa custodia.
Non se comunicarán os datos a terceiros sen o seu consentimento.
Así mesmo, informamos do dereito a revogar os consentimentos en calquera momento e a exercer os dereitos de acceso, rectificación, portabilidade e supresión dos datos e os de limitación e oposición ao tratamento dirixíndome ó Departamento OMIX, Concello de Barro, Casa Consistorial San Antoniño nº11, Perdecanai. Cp.36194 Barro, Pontevedra. Correo electrónico: omix@barro.es. Tamén informamos da posibilidade de reclamar perante a autoridade de control en www.aepd.es.