XIX CONCURSO POSTAIS NADAL 2019

Bases
O Concello de Barro a través da Oficina de Información Xuvenil vén a convocar o “XIX Concurso de Postais de Nadal”.
-    A este concurso poderán concorrer as persoas que estuden ou vivan no Concello de Barro.
- As postais enviadas terán un tamaño de 21 x 14,8 cm. (medio folio DIN-A4), podendo ser en branco e negro ou en cor (recoller o soporte na OMIX).
- O tema é libre.
-O idioma empregado na realización das postais será o galego.
- Presentaranse a través dos centros de ensino ata o día 13  de decembro e no rexistro do Concello de Barro ata o luns 16 de decembro.
-A postal traerá na parte posterior un lema:
1º Presentando a postal a través do centro educativo (categoría + clase + nº na clase). 
2º Presentando directamente en rexistro do concello (categoría + iniciais do nome do representante). 
Nun sobre, co mesmo lema por fora, virán os datos do participante (nome, apelidos e teléfono de contacto)
- Todas as postais admitidas serán expostas no Pazo da Crega durante as vacacións de Nadal. Posteriormente trasladaranse á Biblioteca Pública Municipal de Barro. 
Categorías:
1.ª categoría Infantil
2.ª categoría 1.º e 2º de primaria
3.ª categoría 3º e 4º de primaria
4.ª categoría 5º e 6º de primaria
5.ª categoría 1.º e 2º ESO
6.ª categoría 3º e 4º ESO
7.ª categoría en equipo que pode estar formado por: familiares ou amizades, cun máximo de tres persoas, indicando na parte posterior as idades e parentesco.

Premios
-    O día 18 de decembro o xurado reunirase para decidir as postais premiadas, facendo público o fallo do concurso durante a terceira semana de decembro.  Os premios outorgaranse o día da Cabalgata de Reis (5 de xaneiro 2020).
 
- A postal gañadora por cada categoría obterá un premio, excepto os pertencentes á categoría infantil onde todos recibirán a visita de Papa Noel nas aulas.
-    O premio poderá quedar deserto a criterio do Xurado, que adoptará as resolucións por maioría.

Xurado
PRESIDENTE:
*D. Roberto Rivas Reboredo ou persoa na que delegue.
VOGAIS:
*Dna. Claudia Favorecido Domínguez, Coordinadora do equipo EDLG (Equipo de Dinamización da Lingua Galega)  do CEIP Amor Ruibal de Barro.
*Dna. Blanca María Lago Suárez, Coordinadora de Actividades Complementarias e Extraescolares CEIP “Amor Ruibal” de Barro.
*Dna. Consuelo Vázquez Tur, Directora do IES de Barro.
*Dna. María Teresa  Regueira Rodríguez, Profesora de Educación Plástica do IES de Barro.
*Secretaria: Dna. Pilar Álvarez García, Informadora Xuvenil.
-    As decisión do Xurado serán inapelables, sendo da súa competencia a adopción das decisións que coide oportunas, naquelas circunstancias non contempladas nas presentes Bases.
-    A participación neste Concurso supón a aceptación íntegra destas Bases e das decisións do Xurado.
A participación no Concurso leva a cesión a favor do Concello de Barro ou das entidades colaboradoras dos dereitos de reprodución e distribución, sobre as obras e a exposición dos seus traballos. Así mesmo, poderán aparecer tanto nas publicacións editadas polo Concello de Barro ou entidades colaboradoras como nas redes sociais do Concello de Barro, e en todos os soportes ou medios dixitais sempre citando procedencia e autor.