SAÚDO DO ALCALDE

Foto Abraldes

 

Dende o goberno local, que me honro en presidir, reciban un cordial saúdo. A transparencia e a participación veciñal deben ser dous piares básicos sobre os que se asente a xestión municipal. Temos o compromiso de compartir toda a información posible desta xestión e facilitar a  participación cidadá con fórmulas a través das cales se dé cabida e protagonismo aos moitos veciños e veciñas, e entidades de todo tipo, que queren aportar novas ideas e colaborar neste esforzo colectivo que é a xestión dos asuntos do concello. Internet é, sin duda, unha ferramenta eficaz para axudar na canalización desa participación, por eso quero expresar a miña satisfacción pola posta en marcha desta nova páxina de información e de participación activa, que nos permitirá dar a coñecer, tanto á nosa veciñanza como a todo o mundo, o mellor de Barro.

Afortunadamente as novas tecnoloxías permítennos hoxe abrir canles de comunicación e interconexión permanente entre as personas, que deben ser aproveitados tamén polas administracións para potenciar as suas relacións cos administrados, e cidadanía en xeral. O noso labor continuo dende o goberno local, quedará reflectido neste espazo virtual, para os veciños e veciñas que desexen estar informados do que pasa día a día no seu concello.

A web do concello debe ser unha ferramenta para a comunicación,  pero tamén quixemos que fose unha ferramenta dinámica, próxima e útil, por iso, ofrécese a posibilidade de descargar impresos, facer pequenas xestións, consultar expedientes e, en definitiva, avanzar na administración electrónica que redundará en beneficio para todos e todas.

Agradezo a súa visita, e convídolles a avanzar connosco no camiño de transformación e modernización do noso concello.