recoñecemento das competencias profesionais.

Prazo:16/04/2012.

Unidades de competencia convocadas:
- Construir a cobertura con tella e lousa.
- Organizar traballos de cubertas e impermeabilizacións.
- Controlar a nivel básico riscos en construción

Lugar:
Asociación Nacional de Colocadores de Pizarra.
Rúa Constitución 15, baixo. O Barco de Valdeorras (Ourense). Tel. 988 32 53 07


Requisitos:
 
- Nacionalidade española; atoparse incluído, como residente comunitario ou familiar deste, no ámbito de aplicación do Real decreto 240/2007, do 16 de febreiro, sobre entrada, libre circulación e residencia en España de cidadáns da UE; ou ser titular dunha autorización de residencia en España.
- Ter 20 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición.
- Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:
-- No caso de experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos, transcorridos antes de realizarse a convocatoria.
- No caso de formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos transcorridos antes de realizarse a convocatoria. Naqueles módulos formativos asociados á unidade de competencia que se pretende acreditar que contemplen unha duración inferior, deberanse acreditar as horas establecidas nestes.
- Os candidatos maiores de 25 anos que reúnan os requisitos de experiencia laboral ou de formación indicados no punto anterior, e que non os poidan xustificar poderán solicitar a súa inscrición provisoria no procedemento. Deberán presentar xustificación mediante algunha proba admitida en dereito da súa experiencia laboral ou aprendizaxes non formais de formación. A Dirección Xeral de Formación e Colocación designará os asesores e asesoras necesarios para estudar estes casos, e emitirá un informe sobre a procedencia ou non da participación da persoa candidata no procedemento. Se o informe é positivo, procederase á inscrición definitiva.
A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional da cualificación profesional de Cubertas inclinadas, da familia profesional de Edificación e Obra Civil.

Mais información: na OMIX ou no DOG