Prórroga de Estanza

     * O estranxeiro que entre en España para fins que non sexan de traballo ou residencia, salvo nos casos de ser titular dun visado para a busca de emprego, e se atope no período de estanza que sinala o artigo 30 da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, poderá solicitar unha prórroga de estanza, co limite temporal previsto en dito artigo.
     * Nos supostos de entrada con visado, cando a duración deste sexa inferior a tres meses, poderase prorrogar a estanza, que en ningún caso poderá ser superior a tres meses nun período de seis.
     * A solicitude se formalizará nos modelos oficiais, determinados pola Secretaría de Estado de Inmigración e Emigración, e a ela acompañaranse os seguintes documentos:

          a) Pasaporte ordinario ou documento de viaxe, con vixencia superior á da prórroga de estanza que se solicite, que se anotará no expediente e devolverase ó interesado.
          b) Acreditación das razóns alegadas para a solicitude, que deberán ser excepcionais, no suposto de nacionais de Estados ós que non se esixe visado para a súa entrada en España. 
          c) Proba suficiente de que dispón de medios de vida adecuados para o tempo de prórroga que solicita.
          d) Un seguro de viaxe coa mesma cobertura que o necesario para a solicitude do visado de estanza, e cunha vixencia igual ou superior á prórroga solicitada. 
          e) As garantías de retorno ó país de procedencia ou, no seu caso, de admisión no Estado terceiro de destino, con anterioridade á data de finalización da prórroga que se solicita. Poderá servir como medio para acreditar dita circunstancia a contribución dun billete adquirido a nome do solicitante con data de retorno pechada anterior á finalización do período de prórroga de estanza solicitada. 

     *  O solicitante deberá identificarse persoalmente ante a oficina de estranxeiros, xefatura superior ou comisaría de policía da localidade onde se atope, ó facela presentación da solicitude ou no momento da tramitación en que a tal efecto fóra requirido polo órgano competente.
     *  A prórroga de estanza poderá ser concedida polos Subdelegados do Goberno, polos Delegados do Goberno nas comunidades autónomas uniprovinciais, e polo Comisario Xeral de Extranxería e Documentación da Dirección Xeral da Policía, a proposta da xefatura superior ou comisaría de policía, se concorren as seguintes circunstancias: 

          a. Que a documentación adáptese ao preceptuado neste apartado.
          b. Que o solicitante non estea incurso en ningunha das causas:

               1.ª De prohibición de entrada , porque non se coñecesen no momento da súa entrada ou porque acontecesen durante a súa estanza en España.
               2.ª De expulsión ou devolución. 

     * A prórroga de estanza farase constar no pasaporte ou título de viaxe, ou en documento aparte se o interesado entrase en España con outro tipo de documentación, previo abono das taxas fiscais legalmente establecidas, e amparará ó seu titular e ós familiares que, no seu caso, figuren en ditos documentos e se atopen en España.
     * As resolucións denegatorias sobre a prórroga de estanza haberán de ser motivadas e deberán notificarse formalmente ó interesado, coas garantías de recurso previstas legalmente, e disporán a súa saída do mesmo do territorio nacional, que deberá realizarse antes de que finalice o período de estanza inicial ou, de transcorrer este, no prazo fixado na resolución denegatoria, que non poderá ser superior a setenta e dúas horas, na forma regulada neste regulamento. O prazo de saída farase constar no pasaporte ou título de viaxe ou no imprimado correspondente previsto para deixar constancia da saída do territorio nacional.
Extinción de vixencia da prórroga de estanza.
A extinción da vixencia da prórroga de estanza producirase polas seguintes causas:

          a) Polo transcurso do prazo para o que fose concedida.
          b) Por acharse o estranxeiro incurso nalgunha das causas de prohibición de entrada .