PROGRAMA DEPOTERMAL 2022
A Excma. Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza un Programa orientado a mellora-la calidade de vida e envellecemento activo, así como fomentar as relacións sociais, “Plan Depotermal” 2022 poñendo en marcha dous programas termais:
- BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS. |
- PALACIO DO AUGA. MONDARIZ. |
- HOTEL SPA VÍA ARGENTUM. SILLEDA. |
- HOTEL SPA HOTEL GALATEA. PORTONOVO, SANXENXO. |
- HOTEL SPA NUEVO ASTUR. VILALONGA, SANXENXO. |
De acordo no establecido na base sexta da convocatoria, o desconto aplicado as prazas ordinarias calcularase en función da renda persoal, de forma individual. O Concello subvencionará 10,00 € por praza.
B) Programa termal con pernoita en réxime de pensión completa
- ESTABLECEMENTO |
- GRAN HOTEL TALASO, SANXENXO 4*. |
- HOTEL SPA CARLOS I SILGAR 4*, SANXENXO. |
- BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS. HOTEL CASTRO. |
- HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA 4* superior LALÍN. |
- HOTEL SPA GALATEA 4*. PORTONOVO, SANXENXO. |
- HOTEL SPA NANÍN PLAYA 4* superior. SANXENXO. |
- HOTEL SPA NOVO ASTUR 3*, VILALONGA,SANXENXO. |
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran os requisitos establecidos nas bases publicadas no BOPPO núm. 64, de 1 de abril de 2022.
Os interesados/as deberán acudir ó Departamento de Servizos Sociais provistos do DNI e certificado da pensión si é o caso.
O prazo de presentación de solicitudes no Concello é do 4 de abril ao 2 de maio (ambos os dous incluidos).