PROBAS TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA + 18


Prazo: 1, 2 de setembro inscripción

REQUISITOS:
Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba e, se se está matriculado/a de forma oficial nas ensinanzas de Educación Secundaria ordinaria ou na Educación Secundaria para persoas Adultas nivel II, nas modalidades presencial ou a distancia, presentar ante a dirección do centro a renuncia ao dereito a seren avaliadas pola matrícula oficial, con anterioridade á presentación da solicitude de matrícula nas probas libres, xuntando copia da devandita renuncia á solicitude.
 
DOCUMENTACIÓN:
•Folla de solicitude de inscrición, no modelo oficial (anexo I da Resolución do 22 de abril de 2011).
•Fotocopia do DNI, Pasaporte ou calquera outro documento oficial, no caso de non autorizar á consulta telemática dos datos de identidade.
•Copia cotexada do certificado do grupo ou grupos de materias aprobados en anteriores convocatorias das probas libres, no caso de solicitar a exención dalgún ámbito das probas.
•Certificación das cualificacións do nivel II da Educación Secundaria para persoas Adultas, no caso de solicitar a exención dalgún ámbito das probas.
•Certificado académico de 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria, no caso de solicitar a exención dalgún ámbito das probas.
•Certificado das cualificacións do módulo IV do nivel III da Educación Secundaria para persoas adultas, no caso de solicitar a exención dalgún ámbito das probas.
•Certificado académico de ter superados módulos do 2º curso dun Programa de Diversificación Curricular ou algún módulo voluntario dun PCPI, no caso de solicitar a exención dalgún ámbito das probas.
•Folla de solicitude de exención da materia de lingua galega, no modelo oficial (anexo II da Resolución do 22 de abril de 2011), no caso de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, que se deberá acreditar.
•Folla de solicitude de recoñecemento de necesidades específicas, no modelo oficial (anexo IV da Resolución do 22 de abril de 2011) e Certificado de discapacidade emitido polo órgano público competente da Xunta de Galicia ou doutras administracións públicas, no caso de solicitar a adaptación da proba, así como recursos adicionais para desenvolvela.
 
LUGAR E PRAZOS DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN:
Na secretaría do centro no que se queira realizar a proba, os días 1 e 2 de setembro, para a proba de setembro de 2011.
 
DATAS, HORARIOS E LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS:
 
DATA: 9 SETEMBRO 2011   
   
HORARIOS: Chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Deberase presentar copia da folla da solicitude de inscrición e o documento oficial de identidade     
 
De 08.30 a 09.00 horas
  
Provincia de Pontevedra:
- Centro EPA Berbés.
Rúa Marqués de Valterra, 8- 1º- Vigo.
- Centro EPA Río Lérez.
Avenida de Buenos Aires, 22- Pontevedra.
Ámbito Científico-Tecnolóxico: Matemáticas, Ciencias da Natureza e tecnoloxía e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física     
 
De 09.30 a 12.30 horas   
Ámbito Social: Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos da percepción correspondentes ás materias de educación plástica e visual e música     
 
De 12.30 a 14.00 horas   
Ámbito da comunicación: Lingua galega e Literatura, Lingua castelá e Literatura e Lingua estranxeira     
De 16.00 a 19.45 horas   
                Mais información na OMIX de Barro ou no Centro EPA Río Lérez. Tlf. 986 861 586 / Fax 986 853 169 ou na web: epa.rio.lerez@edu.xunta.es / www.epapontevedra.tk