Probas libres ESO +18

 PROBAS LIBRES GRADUADO EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS. CONVOCATORIAS 2015

Teren cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.

 Non estaren inscritas para a superación das materias de 4º curso de ESO.

 Non estaren nin ter estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun PCPI.

• O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na ESA poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

- Para acudir á primeira convocatoria: solicitar a baixa nas ensinanzas do 2º cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do 1º cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

- Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no 2º cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

CONTIDOS:

Os contidos da proba están integrados nos seguintes ámbitos:

a) Ámbito da comunicación: abrangue exercicios das materias de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e Literatura, e Lingua estranxeira (inglés ou francés).

b) Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue exercicios das materias de Matemáticas, Ciencias da Natureza, Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química e Tecnoloxía, así como aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da Educación Física.

c) Ámbito social: abrangue exercicios das materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a Cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de Educación Plástica e Visual, e Música.

MATRÍCULA:

 Convocatoria de maio : do 16 ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.

 Convocatoria de setembro: do 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.

 - As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.