PROBAS LIBRES DA ESO

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca probas libres para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria para maiores de 18 anos.

Data de realización das probas: 12/09/2013

Data de inscrición: Dende o 01/07/2013 ata o 08/07/2013

Requisitos:

- Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba. 
- Non estaren matriculadas na ESO,  ESA ou no 2º curso dun PCPI.

Mais información: http://www.edu.xunta.es/web/node/1238

ÁMBITOS
Os contidos da proba:
- Ámbito da comunicación: abrangue exercicios das materias de lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura, e lingua estranxeira (inglés ou francés).
- Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue exercicios das materias de matemáticas, ciencias da natureza e tecnoloxía, e aspectos relacionados coa saúde e o medio natural recollidos no currículo da educación física.
- Ámbito social: abrangue exercicios das materias de ciencias sociais, xeografía e historia, educación para a cidadanía e aspectos perceptivos correspondentes ás materias de educación plástica e visual, e música.

MATRÍCULA:.
- Convocatoria de setembro: do 1 ao 8 de xullo de 2013, ambos incluídos.
 As persoas matriculadas para a 1ª convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos, consideraranse matriculadas para a 2ª convocatoria.

  • LUGARES:

Pontevedra:

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra A e a letra L: Centro EPA Río Lérez, avenida

de Buenos Aires, s/n.

– Alumnado co primeiro apelido entre a letra M e a letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida

Raíña Victoria

En sesións de mañá e tarde en ambas as dúas convocatorias: de 8.30-14.00 e de 16.00-19.45 h