Probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012-2013

Data: Dende o 08/06/2012 ata o 28/06/2012.

Requisitos:
ACCESO AS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO MEDIO
Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas as persoas que cumpran calquera dos seguintes requisitos:
a) Dispoñer do título de graduado en Educación Secundaria, ou equivalente, e superar unha proba específica.
Para o acceso ao segundo nivel de grao medio: ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
b) A persoa que non dispoña do título de graduado en Educación Secundaria, ou equivalente, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza, ademais da correspondente proba específica. A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

ACCESO ÁS ENSINANZAS DEPORTIVAS DE GRAO SUPERIOR
Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas a persoa que cumpra os seguintes requisitos:
a) Disponer do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de Bacharel, ou equivalente, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puidesen establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de Bachiller, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza, ou 18 anos sempre e cando posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel ao cal se desexa acceder. A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de Formación Profesional ou de Artes Plásticas e Deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

* Aquelas persoas que teñan pendentes algunha materia de Bacharelato ou ESO poderán presentarse á proba específica, sempre e cando acrediten no prazo de matrícula, no mes de setembro, a superación da materia ou materias pedentes. En calquera caso poderán presentarse á proba de madureza.
Enlace:www.edu.xunta.es

 

. INSCRICIÓN PROBAS: do 8 ao 28 de xuño de 2012.
. LUGAR: na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade de hípica que se fará nos centros autorizados que a impartan.
. RELACIÓN PROVISORIA DE PERSOAS INSCRITAS: o 10 de xullo nos taboleiros dos centros onde realizou a inscrición e na web www.edu.xunta.es
. RECLAMACIÓNS: dende o día 11 ata o 13 de xullo.
. RELACIÓN DEFINITIVA: o día 19 de xullo de 2012.
DESENVOLVEMENTO DE Las PROBAS:

PROBAS DE MADUREZA:
. LUGAR: no IES Las Fontiñas, en Santiago de Compostela, tanto grao medio coma grao superior.
. DATA PROBA DE MADUREZA GRAO MEDIO: o 4 de setembro, de 9.00-13.00 h.
. DATA PROBA DE MADUREZA GRAO SUPERIOR: o 4 de setembro, de 9.00-13.00 h.
PROBAS ESPECÍFICAS PARA Las TITULACIÓNS DE TÉCNICOS DEPORTIVOS:
. BALONCESTO: IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía). 5 de setembro ás 9.00 h.
. FÚTBOL SALA: IES A Farixa (Ourense). 6 de setembro ás 9.00 h.
. ATLETISMO: IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo). 7 de setembro ás 9.00 h.
. FUTBOL. IES Universidade Laboral (Culleredo) o 10 de setembro ás 9.00 h. e IES Sánchez Cantón (Pontevedra). 11 de setembro ás 9.00 h.
. BALONMÁN. IES Sánchez Cantón (Pontevedra). 11 de setembro ás 9.00 h.
. HÍPICA. CADFS Santa Apolonia (Santiago de Compostela) e CADF Cemar (Mondariz-Balneario). 12 de setembro ás 9.00 h.
INFORMACIÓN: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: http://www.edu.xunta.es/web/taxonomy/term/212/all