Convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 1, 2, 3 e 4 no ano 2014.
Destinatarios.
As persoas maiores de 16 anos ou que os cumpran antes de finais do ano 2014, nacionais ou estranxeiras.
Datas de realización das probas.
Celga 4: 14 de xuño de 2014.
Celga 2: 15 de xuño de 2014.
Celga 3: 21 de xuño de 2014.
Celga 1: 22 de xuño de 2014.
Lugares de realización mais cercanos:
Vigo |
-- |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Santiago de Compostela |
Celga 1 |
Celga 2 |
Celga 3 |
Celga 4 |
Presentación de solicitudes e prazo e taxas.
As persoas deberán formalizar a súa solicitude no modelo anexo I e aboar a taxa que se indica na convocatoria.
Deberán indicar as probas ás cales solicitan presentarse e a localidade. No caso de que a persoa aspirante padeza algunha discapacidade, expresará na solicitude o tipo desta e o apoio que precisará para realizar as probas.
Os formularios de solicitude, segundo o modelo ED114A, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.es, e na páxina web
http://www.xunta.es/linguagalega, que permite cubrir e editar a solicitude.
Xunto coa solicitude deberá presentarse o xustificante de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame.
O prazo para presentar as solicitudes e aboar a taxa ata o día 11 de abril de 2014 (inclusive).
Contía das taxas de exame: o importe da taxa para inscribirse nas probas Celga será de 15,61 euros.
Mais inf: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140311/AnuncioG0164-060314-0001_gl.html