Premios Nacionais de Formación Profesional de grao superior

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca os Premios Nacionais de Formación Profesional de grao superior correspondentes ao curso 2012-2013.

Prazo: Do 15/11/2014 ata o 15/12/2014

Requisitos:

-  Por cada administración educativa e familia profesional de grao superior poderá concorrer un alumno que obtivese previamente Premio Extraordinario de Formación Profesional de grao superior convocado pola súa Comunidade Autónoma ou polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte no curso 2012-2013, nos seus respectivos ámbitos de competencia e que cumpra os seguintes requisitos:

- Cursar e superar en centros docentes españois os estudos de Formación Profesional de grao superior, ben en réxime presencial ou en réxime a distancia.

- Finalizar estes estudos no ano natural ao que se refira a correspondente convocatoria.

- Obter cualificación final do ciclo formativo igual ou superior a 8,50.

IMPORTE:A dotación de cada Premio Nacional de Formación Profesional de grao superior ascenderá a 1.200 euros

Mais información: BOE 14-11-2014