Prazas para profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de América e Canadá

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para profesores visitantes en centros educativos de Estados Unidos de América e Canadá para o curso académico 2015-2016. As prazas que se ofrecen están asignadas a centros educativos de Ensino Primario e Secundario, para impartir docencia a tempo completo.

Prazo:Do 12/11/2014 ata o 26/11/2014

Requisitos:

- Ter nacionalidade española.

- Dominar o idioma inglés oral e escrito.

- Non padecer enfermidade que imposibilite o exercicio da docencia.

- Estar en posesión dalgunha das titulacións:

- Mestres de calquera especialidade.

- Licenciados en Filoloxía ou Tradución e Interpretación, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente

- Licenciados ou graduados, en Filoloxía Inglesa ou Hispánica, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.

- Licenciados ou graduados do ámbito científico-tecnolóxico, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.

- Licenciados ou graduados en Bioloxía, Ciencias da Actividade Física e do Deporte, Educación Física, Empresariais, Física, Historia, Humanidades ou Matemáticas, con Máster que habilite para o exercicio da función docente ou equivalente.

Experiencia docente.

 

Mais información: http://www.mecd.gob.es ou no  BOE 11-11-2014