Extensión: 8,7 Km2
Entidades:
Briadoiro, Cancela, Estación de Portela, Mosqueiros, Parada, A Porriña, San Amaro.
Festas:
San Mauro - O domingo seguinte a Pascua - Cancela.
Os Dolores - Primeiro domingo de septembro - Cancela.
Igrexa Parroquial de San Mamede
Localización: CANCELA (PORTELA). Atópase no entorno dunha aldea, enriba do val. Ó seu lado o cemiterio e a casa rectoral.
Estado de conservación: Bo.
Descripción: Igrexa de planta en "L". Porta adintelada con frontispicio e hornacina. Campanario lateral de dous corpos. Construcción en sillería irregular.
Capela de San Mauro
Localización: SAN MAURO (PORTELA). No medio da aldea, sitúase nunha pequena terraza pechada con balaustrada, cun pequeno cruceiro neste espazo.
Estado de conservación: Bo.
Descripción: Pequena capela cuadrangular de sillería irregular. Porta sinxela no seu frente. Sinxelo campanario lateral con pináculos. A campana sobre estructura metálica a outra beira.
Cruceiro de Portela
Localización: PORTELA. Nun cruce de camiños, cerca da Igrexa. Rodeado de maleza.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: Sinxelo cruceiro co pedestal enterrado. Fuste octogonal rematado en sinxelo capitel. Remata cruz con figura.
Cruceiro de Cancela
Localización: CANCELA (PORTELA). Sitúase nun cruce de camiños nas cercanías da Igrexa de Portela.
Estado de conservación: Bo.
Descripción: Cruceiro con sinxelo pedestal, fuste octogonal con capitel circular rematado en cruz con figura de Cristo e outra ás súas costas. Mesa de oficiar os seus pes.
Cruceiro de Áspera
Localización: Áspera (PORTELA). Á beira do camiño, elevado sobre unhas viñas.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: Sinxelo cruceiro cun sobrio pedestal semienterrado. Fuste cuadrangular logo octogonal, capitel con volutas rematado en cruz con figura de Cristo e Virxe.
Relevo en valo de casa
Localización: SAN MAURO (PORTELA). No medio da aldea, cerca da capela, sitúase nun valo dunha vivenda, rodeada de plantas.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: Relevo en pedra dunha figura de Cristo con catro anxos que o suxeitan, posee unha repisa a un nivel máis baixo.