Poio

Enmarcado polas augas do Lérez e a ría de Pontevedra, este belo municipio das Rías Baixas, combina as paisaxes mariñeiro, campesiño e urbano que o converten nun lugar de repouso e vacacións para moitos habitantes da capital da provincia.

Concello: Convento s/n. Tlf: 981 770 001

Dende Pontevedra pola estrada C550 que bordea todo o litoral de O Salnés.

Existen restos artísticos moi antigos coma o petroglifo da Laia dos Cervos, na Caeira, hachas de bronce, Castros coma o da Sividá en O Pereiro, e mámoas, como a de Montemón en Campelo, pero o patrimonio monumental e artístico de Poio ten a súa mellor representación no Mosteiro de San Xoán, habitado por monxes mercedarios. De fachada barroca, conserva no seu interior un belo retablo do século XVIII, de estilo churrigueresco, obra de Bernardo de Cabrera. Destaca tamén nel, o Claustro das Procesións do século XVI, cunha fonte barroca e orixinal escaleira. Hoxe en día constitúe unha mostra importante da cultura en Galicia: só na súa biblioteca gárdanse a redor de 100.000 volumes. Alberga tamén o Museo de Mosaicos, a Escola de Canteiros e a Sede de Recursos da Universidade de Verán. Finalmente quédanos recomendar ó visitante gozar de preciosas praias non demasiado atiborradas de xente coma as da Canteira, Lourido, Campelo, Chancelas, Ouricela, Covelo, Laño Sinás e Raxó, esparcidas por todo o municipio.

No municipio de Poio existen abundantes petroglifos, manifestación artística da Idade de Bronce. Son gravados en pedra con representacións animalísticas e motivos xeométricos. En Montecelo, están inventariados dezaséis grupos de gravados. O grupo coñecido como Laxe das Lebres, presenta 42 figuras de cérvidos, o tema máis común de todos eles, o que nos fai pensar nunha sociedade pastoril asentada. Outro grupo de gravados deste mesmo lugar de Montecelo, presenta outros motivos como círculos, motivos concéntricos, puntos e liñas.

Mosteiro de San Xoán de Poio

Saíndo da cidade de Pontevedra en dirección a Sanxenxo, pola estrada C-550, a 2 Km. colleremos un desvío á dereita que nos levará directamente ó mosteiro, situado a uns 500 metros do cruzamento.

O mosteiro mercedario de San Xoán de Poio existe dende o S. VII, tempo en que foi fundado por San Fructuoso de Braga. Na idade media alcanzou gran poderío económico e cultural cos monxes benedictinos. A igrexa construída no século XVII reflicte o gusto pola conxugación de formas clasicistas e barrocas. No seu interior existe un belo retablo do século XVIII, de estilo churrigueresco, e na nave esquerda está o sepulcro de Santa Trahamunda (moi venerada no municipio). Na fachada do templo figuran imaxes de Santiago, San Andrés e San Xoan Bautista. Tamén é destacable o claustro das procesións (século XVI), cunha fonte barroca e unha orixinal escaleira. Tamén destacan a súa biblioteca, o museo de mosaicos, a "Escola de Canteiros" ou a sede dos cursos da Universidade de Verán. Na actualidade está adicado o convento á hospedería turística rexida pola monxas