O Programa de formación continua do tempo libre educativo oferta un catálogo de cursos ás persoas coa titulación de monitor/a e director/a de actividades de tempo libre, coa finalidade de mellorar a calidade da súa intervención coa infancia e a xuventude, en especial nas actividades campamentais de verán. Prímanse os contidos que axuden a garantir a seguridade no desenvolvemento das actividades e por outro lado aqueles que amplían a gama de recursos dispoñíbeis para o desenvolvemento do traballo educativo dos equipos. Este ano, e por primeira vez, os cursos están abertos para a participación de mozos e mozas portugueses dentro do proxecto de cooperación transfronteirizo "Espazo xuvenil Galiza _ Norte de Portugal".
Deporte e xogo tradicional en Galicia. Este curso está pensado para mellorar e ampliar os coñecementos e recursos dos/as profesionais do tempo libre, para aproximarlles parte da nosa cultura como son os xogos e deportes tradicionais.
Teatro para ti. Teatro para ti é un curso orientado a ampliar e mellorar os coñecementos e recursos dos/as profesionais do tempo libre, para aproximarlles parte da nosa cultura, a través de técnicas artísticas e teatrais. O mundo do teatro forma parte da actividade a desenvolver con calquera grupo de idade.
Novas tecnoloxías aplicadas ao tempo libre. A finalidade deste curso é conseguir unha formación integral e continua dos e das profesionais de tempo libre, tendo en conta a importancia da tecnoloxía educativa nas actividades desenvolvidas polos/as rapaces/as de hoxe en día.
Interpretación do patrimonio no tempo libre. Como comunicar de xeito eficaz os valores ambientais e culturais. A interpretación é un proceso que ten como finalidade desenvolver o interese, desfrute e compensación dos e das participantes dunha actividade polo patrimonio (natural e cultural).
Metodoloxía en liña como ferramenta para actividades de tempo libre. Sofware libre. Este curso ten como finalidade ofrecer formación aos e á profesionais do tempo libre utilizando unha ferramenta de colaboración en liña para a coordinación das actividades que se vaian a desenvolver.
Náutica. Módulo básico e de especialización en actividades no mar.
Perfeccionamento á escalada en rocha. Gps/oziexplorer.
Módulo de especialización á escalada deportiva. Os responsábeis de impartilo serán técnicos deportivos de alta montaña e escalada EEAMB. Os e as participantes deberán presentar diploma de iniciación á escalada. Expedirase certificación de asistencia ao curso cos contidos desenvolvidos.
Módulo de orientación con GPS e programa Oziexplorer. Este módulo está dirixido á mocidade que precise manexar o receptor navegador GPS (programación de waypoints e creación de rutas).
Normas de inscrición e participación
Estar en posesión do título de director/a ou monitor/a de actividades de tempo libre. No caso de non cubrirse as prazas, poderán participar persoas que non posúan a titulación requirida.
Cada persoa interesada unicamente poderá reservar unha praza por curso. A reserva poderase facer a partir do 16 de febreiro da seguinte forma:
- chamando aos seguintes números de teléfono da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade:
O 981 54 57 12 no caso de que queiras anotarte aos cinco primeiros cursos (Deporte e xogo tradicional, teatro para ti, novas tecnoloxías, interpretación do patrimonio e metodoloxía en liña)e ao 981 54 56 96 (para anotarse ao curso de náutica ou aos de escalada).
- por correo electrónico ao seguinte enderezo de correo electrónico: xuventude.programas@xunta.es
Unha vez feita a reserva, comunicaráselle ao/á interesado/a as instrucións para efectuar o pagamento.
Documentación que hai que achegar
- Xustificante do pagamento
- Fotocopia do DNI por ambas as caras
- Fotocopia da tarxeta sanitaria ou calquera outro seguro médico
- Fotocopia do título de director/a e/ou monitor/a de actividades de tempo libre (nº rexistro do título)
No caso de non presentar a documentación no prazo de 48 horas perderase o dereito á praza.
Cota: os posuidores do Carné Xove Euro<30 (que debe acreditarse e estar vixente no momento do pagamento) terán un desconto do 25%.
Devolución de cotas
As taxas só se devolverán cando a Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade anule o programa ou non preste o servizo.