Extensión: 9,3Km2
Entidades:
Balixe, Canai, A Gįndara, A Igrexa, Lourido, Outeiro, Parada, Porto Romeu, S.Antonio.
Festas:
San Sebastian - 20 de xaneiro - S. Antonińo.
Santa María - 1º Sábado de agosto - Igrexa.
Os Dolores - 2ª Quincena de septembro - Igrexa .
Pazo de S. Antonińo
Localización: SAN ANTOŃO (PERDECANAI). Situado no medio dunha extensa finca pechada, colindante coa N-550, na súa zona baixa.
Estado de conservación: Bo
Descripción: Gran caserón, seguramente blasonado, de planta rectangular (sufreu modificacións na súa historia). destacan a chiminea almenada e un pequeno anexo nunha arista.
Capela do Pazo de S. Antonińo
Localización: S. ANTONIŃO (PERDECANAI). Na parte alta da finca do Pazo, a beira da estrada N-550.
Estado de conservación: Bo
Descripción: Sinxela capela de dous corpos de estilo neoclásico con porta adintelada e frontispicio con hornacina. Na fronte o escudo da familia. Pequeno campanario central.
Igrexa Parroquial de Santa María de Perdecanai
Localización: RANDE (PERDECANAI). No medio da aldea, no medio do cemiterio, situada sobor dun pequeno socalco.
Estado de conservación: Bo.
Descripión: Igrexa de planta rectangular, con pequenos corpos adosados. Campanario lateral moi decorado. Na fachada porta adintelada, hornacina e remata en frontispicio.
Cruceiro de Triaba
Localización: TRIABA (PERDECANAI). No centro da aldea, no típico cruce de camińos, rodeado de vińas, balos e casas.
Estado de conservación: Aceptable.
Descripión: Pedestal con inscripción sobre tres escalóns semienterrados, o fuste cuadrangular con resaltes logo octogonal con efixie de serpe enrollada. Capitel con volutas rematado en cruz con figuras.
Marco das leguas
Localización: GÁNDARA (PERDECANAI). A beira da carretera nacional, a poucos metros déla, atópase entre esta carretera e a maleza das fincas.
Estado de conservación: Regular.
Descripión: Trátase dun antigo mojón que indicaba a unidade de medida de leguas, hoxe en desuso pero de especial significación. E de forma semipiramidal con reloxo de sol.
Casona Seńorial
Localización: IGREXA (PERDECANAI). A un lado da aldea, rodéase doutras casas e de campos de cultivo, así como da súa finca e horta.
Estado de conservación: Bo
Descripión: Casa de semisoto e dúas plantas na que destacan os seus ventanais en toda a fachada e unha gran balconada corrida. A finca pechada conta con horta e xardín.