PARTICIPACIÓN CIDADÁ NA CABALGATA DE REIS 5 DE XANEIRO DE 2023

participación cidadá na cabalgata de reis 5 xan 23

 

1. OBXECTO

O Concello de Barro convoca os veciños/as do concello para participar como “figurantes” na Cabalgata de Reis que se realizará o XOVES 5 de xaneiro de2023.

 

2. FIGURANTES QUE IRÁN SENTADOS

Pódense inscribir todos os nenos e nenas (terán prioridade os participantes empadroados no concello de Barro) ata cubrir as prazas de cada carroza.

 

3. FIGURANTES QUE FORMARÁN O SÉQUITO A PÉ

Pódense inscribir:

- Todos os nenos e nenas, poden ir acompañados dun adulto responsable durante o percorrido, que deberá, así mesmo, inscribirse como figurante do séquito a pé na cabalgata.

 

4. INSCRICIÓN

4.1 Período de inscrición será ata o LUNS 2 DE XANEIRO.

4.2 As solicitudes formalizaranse cubrindo a ficha de inscrición, que poderán recoller na OMIX de Barro.

4.3. A inscrición realizarase por orde correlativa de recepción das solicitudes, debidamente cubertas.

4.4. No caso de que algún dos figurantes queira ir, cun familiar ou amigo, terán que inscribirse simultaneamente, co fin de que as prazas se lles poidan asignar de forma satisfactoria, sempre que exista dispoñibilidade.

4.5. No momento da inscrición, facilitaráselles aos figurantes a súa situación na cabalgata e a información necesaria para participaren nela: lugar e hora de presentación o día 5 de xaneiro e horario e forma de recollida dos/as menores na Nave da Escola Taller, unha vez finalizada a Cabalgata .

4.6. Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, crearase unha lista de garda para cubrir baixas ou novas necesidades.

4.7. Se unha persoa das admitidas, por razóns persoais doutra índole, non puidese participar na Cabalgata, deberao comunicar con anterioridade ao luns 2 de xaneiro de 2023. Será substituída  pola persoa que, por rigorosa orde de inscrición, figure nas prazas de reserva.

 

5. PARTICIPANTES

5.1 Os participantes comprométense a presentarse o 5 de xaneiro no lugar e hora marcados como punto de encontro, vestidos co traxe e uns leaguins, zapatillas deportivas/botas, camiseta térmica de manga longa e un xersei, tamén de manga longa, todo de cor negra, ou branca para os anxos.

 

Mais información: OMIX Barro 986714806 – 690722812 ou omix@barro.es