OS CONTOS QUE CONTAN. 2019.-
BASES CERTAME
1. PARTICIPANTES:
Poderán concorrer a este certame, calquera persoa que non sexa profesional nin teña publicado individualmente ningún traballo literario, e que estea empadroada ou escolarizada no Concello de Barro.
2. EXTENSIÓN:
Os traballos compre que sexan orixinais e inéditos, en lingua galega e terán unha extensión mínima de:
• Para alumnado de entre 3 e 5 anos, imprescindible que realicen ilustracións que conten unha historia, cunha extensión máxima de 6 folios por unha cara incluídas a portada e a contraportada (un traballo por aula).
• Para alumnado de primaria a extensión será de tres carillas, tendo en conta que deberá ter estrutura de conto, sendo requisito imprescindible que se acompañen de ilustracións e se presenten no formato facilitado pola organización.
• Para alumnado de secundaria, a extensión será como mínimo de 120 palabras e máximo 220. A presentación dos traballos preferiblemente realizarase a ordenador (letra Arial 12).
• Para as persoas ADULTAS (a partir de 17), a extensión será como mínimo de 120 palabras e máximo 220. A presentación dos traballos preferiblemente realizarase a ordenador (letra Arial 12).
3. PREMIOS
Os agasallos deberán recollelos o día da entrega de premios. A data de entrega publicarase coas persoas gañadoras a primeira semana de maio.
1. Infantil: (1 traballo por aula) Lote de libros para unir ao fondo de cada biblioteca de aula.
2. 1º e 2ºde Primaria: Gañador/a: 50 € Finalista: 25€
3. 3º e 4º de Primaria: Gañador/a: 50 € Finalista: 25 €
4. 5º e 6º de Primaria: Gañador/a: 50 € Finalista: 25€
5. 1º e 2º de secundaria: Gañador/a: 90 € Finalista: 45€
6. 3º e 4º de secundaria: Gañador/a: 90 € Finalista: 45€
7. Para persoas adulta + 17: Gañador/a: 90 € Finalista: 45€
4. PRAZOS
O prazo de presentación dos traballos rematará as 14 horas do luns 29 de abril de 2018.
1ª criba: do 29 de abril ao 3 de maio
2ª criba: do 3 ao 9 de maio
Entregaranse as obras na OMIX de Barro.
Consignarase unha identificación a cada obra (iniciais do nome e apelidos, clase e nº de clase exemplo: PAG1ºA,1; e en caso de persoas adultas, OMIX e as iniciais do nome e apelidos, exemplo: OMIXPAG). Este identificador corresponderá aos seguintes datos: o nome da persoa autorae o teléfono que se entregará a parte, no momento da entrega da obra.
As persoas participantes poderán presentar a obra:
1.- A través do centro educativo (categoría + clase + nº na clase).
2.- Presentando directamente no rexistro do concello.
O concello entregará as persoas participantes un soporte onde realizar a súa obra. Poderán recollelo na OMIX ou a través das titoras dos centros educativos.
Para a conmemoración das LETRAS GALEGAS, realizaremos a lectura en voz alta dos contos premiados e a exposición dos contos participantes.
O Xurado fará público o seu fallo na terceira semana de maio de 2019. As persoas participantes comprométense a acudir á entrega de premios na data programada e a ler a súa obra.
5. XURADO
O Xurado estará formado por:
Para a 1º criba:
• Profesorado pertencente ao IES de Barro.
• Profesorado pertencente ao CEIP Amor Ruibal.
O profesorado do CEIP escollerá catro traballos de
1º de E.P., catro de 2º de E.P. , catro de 3º de E.P., catro de 4º de E.P., catro de 5º de E.P. e catro de 6º de E.P., (pudendo ser un número menor se o xurado considera que os traballos presentados non tiveran calidade suficiente)
O profesorado do IES escollerá catro traballos de 1º da E.S.O., catro de 2º da E.S.O, catro de 3º da E.S.O e catro de 4º da E.S.O, (podendo ser un número menor se o xurado considera que os traballos presentados non tiveran calidade suficiente)
Para a 2º criba:
Dous escritores/as da provincia de Pontevedra.
Posteriormente, estes traballos seleccionados serán revisados por dous escritores/as galeg@s. Que serán @s que concedan os diferentes premios segundo a categoría incluída a dos adultos.
Se os traballos presentados non reuniran a suficiente calidade, a proposta do xurado, poderá declararse deserto o premio
6. DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL SOBRE AS OBRAS PARTICIPANTES
A concesión do premio non implicará a perda da autoría do traballo premiado.
As persoas autoras dos contos participantes ceden de forma gratuíta ao Concello de Barro en exclusiva, quen adquire, de maneira universal e por territorio e tempo ilimitados, libre de regalías, todos os dereitos de explotación dos contos, incluídos os dereitos de reprodución e comunicación pública, e de distribución, para calquera soporte de comunicación e medio.
7. DATOS PERSOAIS
Os datos facilitados polos participantes empregaranse para a comunicación das persoas gañadoras e, ademais, incorporaranse nun ficheiro titularidade do Concello de Barro para usos administrativos e de xestión do concurso.
As persoas participantes poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, dirixíndose por escrito ao Rexistro de Entrada do Concello de Barro, Santo Antoniño, Perdecanai, nº 11, 36194 Barro, Pontevedra.
8. RESPONSABILIDADE.
O Concello de Barro non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar o desenvolvemento do concurso.
Os traballos presentados poderanse retirar polas persoas autoras, previa acreditación da súa pertenza. O prazo para retiralos caducará aos 2 meses de fallado o premio.
9. ACEPTACIÓN DAS BASES.
Todas as persoas participantes comprométense polo simple feito de participar á aceptación das condicións expresadas nas presentes bases. Para o coñecemento de calquera litixio que puidese expoñerse en canto á interpretación ou aplicación das presentes bases, tanto o Concello de Barro como as persoas participantes neste concurso sométense expresamente á xurisdición e competencia dos Xulgados e Tribunais de Pontevedra, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles. O Concello de Barro resérvase o dereito de modificar aspectos non substanciais do concurso se as circunstancias esíxeno. Bases dispoñibles na web www.barro.gal.