OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRAO, LICENCIADO, ENXEÑEIRO, ARQUITECTO, DIPLOMADO, MESTRE, ENXEÑEIRO TÉCNICO

Convocatoria pola que se rexerá a concesión de bolsas de prórroga para a realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial, en centros públicos de Galicia para o curso académico 2012-2013, a través do programa : bolsas para a realización de estudios universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Estas bolsas terán como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía, da manutención e da viaxe de ida e volta entre o lugar de residencia no estranxeiro e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Solicitudes, prazo de presentación e resolución

Poderán solicitar estas axudas cidadáns galegos que fosen beneficiarios deste programa I de bolsas en anteriores convocatorias e non rematasen os seus estudos conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico; e cumpran coas especificacións contidas nas bases aprobadas na Resolución do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración. A solicitude, no modelo oficial que se publica como anexo a esta resolución, dirixirase á Secretaría Xeral da Emigración (rúa Basquiños, 2. 15704 Santiago de Compostela-A Coruña) e presentarase por calquera das formas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e de procedemento administrativo común (entre os que figuran as delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo). Igualmente, as solicitudes poderán presentarse nas representacións diplomáticas e oficinas consulares de España no estranxeiro. Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo: https://sede.xunta.es, conforme o disposto no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia do 28 agosto 2012. Os solicitantes deberán achegar a documentación requirida.

Máis información: DOG 28 agosto 2012