O MUNICIPIO

mapabarro

O Nome:

Como claramente se pon de manifesto na relación inserta no BOPP, número 97 do 3 de decembro de 1836, o nome do concello procede da parroquia de Barro, San Breixo, e non de ningunha entidade singular de poboación.

A capital municipal
Segundo se determinaba no BOP, número 97 do 3 de decembro de 1836 da nova planta, o concello de Barro. tiña por capital o lugar de Porrans, na parroquia de San Breixo de Barro.

No Madoz (diccionario) dise textualmente que a capital do concello atópase no lugar de Porrans, que pertence a feligresía de Barro. E neste lugar de Porrans ou Coruto figura a capital no século pasado, pero dende o ano 1900 en San Antoniño.

En realidade Porrans e Coruto, son dúas entidades distintas da parroquia de Barro, polo que e de supoñer que o concello se cambiase dun a outro lugar. Coruto ten 74 habitantes e Porrans, 82.

A casa do concello 
A casa consistorial de Barro é un edificio de dúas plantas, con cuberta inclinada de tella curva, e o seu acceso realízase a través dunha porta, situada prácticamente a nivel da rasante do terreo, polo que ha¡ que subir tres escalóns.

A fachada principal organízase arredor do eixe central, posto que a fachada é simétrica. Dito eixe está formado por tres pezas.

A porta de entrada, con tragaluz de arco de medio punto, e dovelas claramente marcadas. Enriba atópase unha fiestra con dintel e antepeitos remarcados, e máis arriba, xa na cornisa, que se describirá máis adiante, un luneto circular, enriba do cal vai o escudo do concello.

Lateralmente atopamos no piso dous balcóns con balaustres rectos e pedestais con bolas nos seus extremos, cada un dos cales abarca seis arcos.

Na planta baixa debaixo de ámbolos dous balcóns atópanse dúas fiestras xemelgas agrupadas por antepeitos.

 Todo isto forma o núcleo fundamental de fachada que se coroa mediante unha cornisa, oito pedestais de bola, de altura crecente hacia o centro, formando unha especie de frontón; tanto a man esquerda corno a dereita atopanse dúas fiestras nos corpos laterais