NOTA INFORMATIVA
Dentro do Plan de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que a Deputación de Pontevedra ten aprobado para o exercicio 2022, o Concello de Barro solicitou a contratación de varios/as traballadores/as nas seguintes categorías:
- 2 CONDUCTOR CAMIÓN, EN XERAL.
- 2 PEÓN DE TRANSPORTE, EN XERAL.
- 2 AXUDANTES ALBANEL.
- 6 OPERARIOS DE PARQUES E XARDÍNS.
As contratacións faranse de forma escalonada ao longo do ano e tódolos contratos terán unha duración de seis meses cunha xornada laboral de 35 h/semanais e serán cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2022.