BANDO
O Concello de Barro vendo a evolución dos casos de contaxio por coronavirus (COVID-19), e atendendo as recomendacións das autoridades sanitarias, procedemos a
ADOPTAR AS SEGUINTES MEDIDAS:
A atención ao público en todas as dependencias municipais limitarase só a casos imprescindibles, e se pode ser chamando con anterioridade, evitando así a necesidade da presenza física da veciñanza.
- As consultas co Concello realizaranse chamando aos teléfonos 986 711 002 ou 986 711 629, ou a través do enderezo electrónico oficinas@barro.gal. Os trámites efectuaranse a través da sede electrónica do Concello barro.sedelectronica.gal.
A partir do 13 de marzo, e durante quince días, suspéndense todas as actividades culturais e deportivas, así como o uso das instalación municipais: Pavillóns, Campos de Fútbol, Biblioteca, Centros Culturais; tamén QUEDA SUSPENDIDO O MERCADILLO MUNICIPAL.
Así mesmo recoméndaselle as asociaicións e entidades do municipio de Barro que eviten aglomeracións durante os vindeiros quince días.
Recoméndase que se sigan as instruccións ditadas polo Ministerio de Sanidade, e a Consellería de Sanidade e no caso de ter algún síntoma contactar co 900 400 116.
O Concello de Barro pide a veciñanza que colabore na loita contra o virus.