Listas de contratación do Sergas

Listaxes
¿Cando se publicarán as novas listaxes?

O novo Pacto prevé a xeración das listaxes a 31 de Outubro de 2011, data a partires da cal se procederá á publicación das mesmas.

¿Quen debe inscribirse nas listaxes?

Todas as persoas interesadas en figurar nelas, tanto si xa constan inscritas nas listaxes anteriores como aquelas que queiran inscribirse por primeira vez.

¿Cando se pode inscribir un/unha?

Cando sexa publicada a correspondente Resolución no DOG pola que se anunciará no momento oportuno a apertura do proceso de inscrición. A partires desta primeira inscrición nas listaxes, será aberta e permanente.

¿Como será a inscrición nas novas listaxes?

Será telemática e realizarase a través do FIDES, co nome de usuario e contrasinal. O persoal vinculado actualmente ao Servizo Galego de Saúde xa dispón de ditas claves; ao persoal de nova incorporación seranlle facilitadas, logo de rexistrarse no sistema.

¿Cando te apuntas nas listaxes?

Cando se publique a resolución pola que se anuncie a apertura do proceso de inscrición.
Aqueles que figuren inscritos en virtude das listaxes anteriores, e desexen continuar no sistema de selección temporal, non terán que pagar taxas. Os novos aspirantes terán que pagar as taxas de acordo coa Lei.

¿Cando podo actualizar os méritos?
Os aspirantes que xa figuraban nas listaxes anteriores ou que estean vinculados co Servizo Galego de Saúde, poderán actualizar os méritos con anterioridade á inscrición e polo tanto cando sexa visible o expedient-e/FIDES. A actualización de méritos poderase realizar con anterioridade á inscrición.

Quero presentarme por primeira vez ás listaxes, ¿como teño que facer?

Esperar a que se abra o prazo, inscribirse na páxina web previa autorización pola que se lle dará un usuario e contrasinal. Aportará no seu caso a documentación acreditativa de méritos e requisitosque non figuren no expedient-e/FIDES e esperará a validación do expediente.

Xa figuro como aspirante nas listaxes anteriores, ¿como teño que facer para inscribirme e actualizar os méritos?
Publicarase a data de inicio do funcionamento do expedient-e/FIDES do profesional onde estará dispoñible a información do currículo e a posibilidade de validación e actualización. Posteriormente publicarase a data coa posibilidade de inscrición. O persoal que figura inscrito con base no pacto anterior, terá que volver a formalizar a inscrición de acordo cos novos procedementos.