LIMPEZA DE PARCELAS E XESTIÓN DAS FRANXAS DE PROTECCIÓN
Para dar cumprimento á Lei 3/2007 de 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia, as persoas ou entidades propietarias de parcelas deben mantelas limpas e xestionar correctamente a biomasa das franxas de protección antes do día 31 de maio do 2022:
Nesta franxa de 50 metros non poderá haber especies pirófilas (piñeiros, eucaliptos, acacias, mimosas, etc.) e as árbores frondosas caducifolias (castiñeiros, carballos, freixos, etc.) deberán separse 7 metros entre si, medidas de pé a pé.
Estas parcelas tamén deberán manter unha franxa de 15 metros na que tampouco poderá haber ningunha especie frondosa caducifolia.
De non se cumprir estas medidas contempladas na Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia da Xunta de Galicia, a partir do 1 de xuño do 2022 a administración poderá impor sancións coercitivas ou abrir un expediente sancionador e executar subsidiariamente os traballos repercutíndolle o custo ás persoas ou entidades propietarias das parcelas.