PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As instancias resentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia (
CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE INVESTIGACIÓN PARA A SECCIÓN DE BIOLOXÍA MOLECULAR DA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO, DESTINADA A LICENCIADOS/AS UNIVERSITARIOS/AS EN CIENCIAS BIOLÓXICAS, ENXEÑEIRO TÉCNICO SUPERIOR DE MONTES OU ENXEÑEIRO TÉCNICO SUPERIOR AGRÓNOMO, EN REXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA.
CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES
Poderá ser beneficiario/a desta bolsa aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos.
Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea.
Estar en posesión do título de Licenciado/a en Ciencias Biolóxicas, Enxeñeiro Técnico Superior de Montes ou Enxeñeiro Técnico Superior Agrónomo ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias.
Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes.
Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenrolo da actividade obxecto da bolsa.
DOTACIÓN ECONÓMICA
Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario/a.