II campionato galego de Formación Profesional.

Prazo GALICIASKILLS 2012: 31 de marzo
 
Requisitos:
•Os competidores serán alumnos matriculados en ciclos formativos que voluntariamente queiran participar, e terán unha idade máxima de 21 anos cumpridos durante o ano 2012.
•Cada centro poderá presentar a este campionato un competidor por skill, coa excepción do skill de xardinaría paisaxística, no que participarán dous alumnos por centro. Será o centro quen determine o sistema de selección dos seus competidores.
•Deberá haber un compromiso do centro e do titor para preparar e formar o alumno gañador de cara á súa participación no campionato estatal da formación profesional SpainSkills, que se celebrará do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013, conforme as directrices técnicas dese campionato.
•Relación dos skills en que haberá competición é: Torneadura /Fresaxe /  Sollado e colocación de azulexo / Reparación de carrozarías de vehículos / Tecnoloxía do automóbil / Pintura do automóbil /  Electrónica / Deseño de páxinas web / TI PC soporte de rede. / Ebanistaría / Carpintaría / Peiteado / Coidados de beleza / Control industrial / Tecnoloxía da moda / Pastelaría / Cociña / Servizo de restaurante e bar / Xardinaría  paisaxística / Deseño gráfico.

Premios:
Haberá dous premios por cada skill. O alumnado gañador do primeiro premio en cada skill competirá representando a Galicia na Olimpíada de Formación Profesional, SpainSkills 2013, que se celebrará en Madrid do 28 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2013. Este alumnado, xunto con tres xefes de equipo (profesores titores), conformarán o equipo galego que representará a nosa comunidade autónoma en SpainSkills 2013.


Mais información:Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa