ENTROIDO NA CASA
BASES
I CONCURSO DE DISFRACES EN LIÑA
CONVOCATORIA
O Concello de Barro, con motivo do Entroido 2021, convoca un concurso de disfraces para persoas empadroadas no Concello de Barro, establecendo dúas categorías: individual e grupos convivintes.
TEMA
Entroido na casa.
PARTICIPANTES
As persoas que queiran participar neste concurso enviarán as fotografías dos seus disfraces ao correo electrónico omix@barro.gal desde o xoves 11 de febreiro até o mércores 17 ás 12:00 da mañá.
A dinámica do concurso é moi sinxela. Elixirase mellor disfrace ao que leve mais “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” na fotografía que estará colgada na páxina Facebook da ÓMIX de Barro.
Importante: Para poder colgar as fotos nas redes, xunto coa fotografía, tamén enviaredes a ficha de inscrición cuberta( ANEXO I) á ÓMIX de Barro omix@barro.gal
PREMIOS E CATEGORÍA
Os premios consistirán nun vale para consumir nos establecementos hostaleiros do Concello de Barro polos seguintes valores:
INDIVIDUAL
1º-: 80 €
2º: 60 €
3º: 40 €
GRUPO CONVIVINTES
1º : 100€
2º : 80€
3º: 40€
ELECCIÓN DAS PERSOAS GAÑADORAS
Será a poboación xeral a encargada de elixir as fotografías gañadoras.
As fotografías publicaranse na páxina de Facebook da ÓMIX do Concello de Barro o 18 de febreiro.
O prazo de votación, comezará o mesmo día da publicación das fotos nas redes sociais e poderase dar “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” na rede social ao longo dos días 18, 19, 20, 21 e 22 de febreiro.
Ás 12:00 h do día 22 de febreiro, tomarase nota do número de “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” coa participación da informadora xuvenil e un concelleiro con delegación na área de xuventude ou cultura, dando fe deste feito o secretario do Concello de Barro.,
Os gañadores daranse a coñecer o 23 de febreiro nunha publicación na páxina web do Concello e nas páxinas de Facebook do Concello e da ÓMX de Barro.
ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase o venres 26 de febreiro, na casa consistorial.
PUBLICIDADE
Estas bases serán publicadas na páxina web do Concello de Barro www. barro.gal
A participación nesta actividade implica que autorizo ao Concello de Barro ao uso das fotografías, estas imaxes poderán ser utilizadas para:
NOTA DE LEI DE PROTECCIÓN DE DATOS
Segundo a lei orgánica 3/2018 de 5 de decembro de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, informamos de que os datos anteriores serán incluídos no ficheiro do Concello de Barro con fins informativos, así coma da posibilidade de exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición en calquera momento poñéndoo en coñecemento deste departamento.