GRIPE A (H1N1): COMO EVITAR CONTAXIARSE OU CONTAXIAR
1.-A lavar as mans! Esta é a principal medida de hixiene.
2.-Limpar a diario mobles, tiradores de portas, obxectos etc., onde o virus pode permanecer de horas a días
3.-Tapar a boca e o nariz ao tusir ou esbirrar e evitar tocar os ollos, o nariz e a boca.
Boca e nariz tapadas ao tusir ou esbirrar
4.- Se está con gripe: quede na casa ata pasar 24 horas sen febre despois de deixar o
tratamento para baixala.
5.-Se non ten gripe e é época de gripe: evite os lugares onde haxa moita xente, especialmente se pertence a un grupo de risco, xa que é mais fácil contaxiarse.
6.- Durma ben, teña unha alimentación saudable, beba auga, leve unha vida fisicamente activa e evite as bebidas alcohólicas e o tabaco.
Importante: Se ten síntomas da enfermidade contacte cos servizos sanitarios a través do número de emerxencias sanitarias 061 ou chamando ao
telefono 902 400 116 (liña directa a partires do 14 de setembro)
FACTORES DE RISCO
-Embarazo (especialmente no segundo e terceiro trimestre)
-Enfermidades cardiovasculares crónicas (excluíndo a hipertensión)
-Enfermidades respiratorias crónicas (que inclúe asma, displasia broncopulmonar e fibrose quística e asma moderada-grave persistente)
-Diabetes mellitus tipo I e tipo II con tratamento farmacolóxico Insuficiencia renal moderada-grave
-Hemoglobinopatías e anemias moderadas-graves
-Asplenia
-Enfermidade hepática crónica avanzada
-Enfermidades neuromusculares graves
-Inmunodepresión (incluída a orixinada polo VIH, fármacos ou receptores de transplantes)
-Obesidade mórbida
-Persoas menores de 18 anos de idade a tratamento crónico con aspirina, para evitar a síndrome de Reye
SINTOMAS
Nos nenos:
Respiración rápida ou dificultosa.
Cor gris azulada da pel.
Non beber suficientes líquidos.
Vómitos persistentes.
Non despertar ou non interactuar.
Estar moi irritable.
Nos adultos:
Dificultade para respirar ou dor no peito.
Cor púrpura ou azul dos beizos.
Ter vómitos e non reter líquidos e ter signos de deshidratación, como mareos ao estar de pé, non ouriñar.
Ter convulsións.
Xunta de Galicia
Consellería de Sanidade