FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO 2021

2021 bando fogueiras san xoan e san pedro

FOGUEIRAS DE SAN XOAN E SAN PEDRO 2021

Faise Saber que aquelas persoas interesadas en realizar as tradicionais fogueiras de San Xoán   (noite de 23 ó 24 de xuño) e San Pedro (noite do 28 ó 29 de xuño), teñen de prazo ata o día 22 de xuño  (San Xoán) e ata o día 26 de xuño (San Pedro), para presentar unha comunicación dirixida ao Concello.

 

As comunicacións presentaranse, preferentemente, por medios electrónicos (https://barro.sedelectronica.gal/) ou no Rexistro Municipal,  segundo o modelo que se fai público.

 

        Que este ano, como consecuencia do COVID-19, unicamente se autorizarán fogueiras en terreos privados.

 

        Esta Alcaldía fai un chamamento á veciñanza para o cumprimento das medidas de seguridade que se indican na comunicación, así como tamén aquelas de carácter sanitario derivadas do COVID-19.