Básase no principio da cofinanciación entre as organizacións de envío e acollida e a Unión Europea.
A contribución da Comunidade as organizacións de envío e acollida varía dependendo da natureza dos gastos ata:
Organización de Envio | Organización de Acollida |
Viaxe internacional 100% | Aloxamento, manutención, apoio, gastos |
Formación previa 600 Euros + 20 e/mes | Diñeiro de bolsillo 148 e/mes |
Pódense presupostar gastos excepcionais, en razón dunha situación de desfavorecemento ou pola natureza das actividades, sempre que sexan debidamente xustificados.
A organización de envío e o voluntario poden, en caso necesario, realizar unha visita preparatoria que recibe apoio económico a través da acción 5.
A Axencia Nacional financia sesións de formación (á chegada e antes da saída) e encontros de avaliación para os voluntarios acollidos en España.