CONCURSO DE DISFRACES-ENLIÑA
O Concello de Barro, con motivo do Entroido 2022, convoca un concurso de disfraces para persoas empadroadas no municipio de Barro, establecendo dúas categorías:
Individual
1º premio: 80 €, 2º premio: 6 0€, 3º premio: 40 €
Grupo Convivintes
1º premio: 10 0€, 2º premio: 80 €, 3º premio: 60 €
(Os premios serán en vales para consumo no comercio local de Barro)
As persoas que queiran participar neste concurso enviarán as fotografías dos seus disfraces ao correo electrónico omix@barro.gal dende o xoves día 16 ao mércores 23 de febreiro ás 00:00h.
O día 25 publicaranse todas as fotos nun álbum no Facebook da OMIX de Barro, as fotos gañadoras serán as que reúnan máis reaccións (gústame/encántame) na foto publicada neste álbum. A data de remate para reaccionar ás fotos será o día 2 de marzo.
Os premiados daranse a coñecer o 5 de marzo nas redes sociais da OMIX e do Concello.
III CERTAME DE MURGAS
Domingo, 6 de marzo ás 19 horas na Nave de Música (entrada libre ata completar aforo).