CURSOS GALEGO

Convocatoria, con carácter gratuíto, cursos preparatorios para a consecución dos certificados de lingua galega (Celga), para o curso 2014/15, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Documentación:

-       Solicitude segundo o Anexo III desta orde.

-       Copia do DNI, só no caso de non autorizar a súa consulta no Sistema de verificación de datos de identidade.

-       As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Os centros tamén poderán facilitar ás persoas interesadas o modelo que se xunta como anexo III desta orde.

Prazo de presentación instancias: desde o 15 de decembro de 2014 ata o 16 de xaneiro de 2015, para os cursos do segundo cuadrimestre.

Características:
Os cursos impartiranse entre setembro de 2014 e maio de 2015, en horario de mañá ou de tarde.

Os cursos terán un número mínimo de 15 participantes e un número máximo de 25.

Beneficiarios:

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega

Galería