Cursos CNTG

PROGRAMACIÓN FORMATIVA PARA O CURSO 2011-2012.

Oracle, LPI, Red Hat, Zentyal, Microsoft, ISTQB, Prince2, ITIL, VMware, PMI, Asterisk, Cisco, Scrum, OMG, Zend, etc.
+ SEMINARIOS e XORNADAS no 2011:

Seminario sobre desenvolvemento de servizos web: Xoves, 22 de setembro de 2011, ás 9:30 horas

Technet Microsoft: Cloud services e Azure: Martes, 27 de setembro de 2011, ás 9:30 horas

Xornada Técnica sobre Fundamentos de Testeo de Software: Martes, 11 de outubro de 2011, de 9:30 a 13:30 horas.

Seminario sobre Tunning e Axustes de Rendemento en Bases de Datos Oracle: Luns, 12 de decembro de 2011, de 9:30 a 13:30 horas

DESTINATARIOS/AS: Preferentemente profesionais do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).

DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: Desenvolverase de outubro de 2011 a xuño de 2012, nas Aulas do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago de Compostela.

PRAZOS DE INSCRIPCIÓN INSCRICIÓN

Cursos do 4º trimestre de 2011: A partir do 1 de setembro de 2011

Cursos do 1º trimestre de 2012: A partir do 1 de novembro de 2011

Cursos do 2º trimestre de 2012: A partir do 1 de xaneiro de 2012

PREZO: De balde e con posibilidade de recibir unha
bolsa e/ou axuda, no caso de ser desempregado/a inscrito/a no Servizo Público de Emprego e realizar un curso de formación para o emprego, que teña unha duración igual ou superior a 4 horas diarias e 20 semanais.

CERTIFICACIÓN: 677 alumnos/as terán a oportunidade de realizar de balde un exame de certificación, para a obtención dunha acreditación oficial relacionada coa materia formativa do curso ao que asistan.

INFORMA: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia. Rúa Airas Nunes, s/n (15702) Conxo- SANTIAGO DE COMPOSTELA.
Tlfs. 881 997 803 – 881 997 807 /estudos.cnt@xunta.es/ http://cntg.xunta.es