Curso intensivo

RECORDADE QUE REMATA O PRAZO O DÍA 8 DE ABRIL.
Ayudas para un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés.

Requisitos:
-Nacer entre o 1 de xaneiro de 1996 e o 31 de decembro de 1999.
-Ter a condición de bolseiro no curso 2015/16 da convocatoria xeral de bolsas deste Ministerio conforme á Resolución do 30 de xullo de 2015 da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se convocan bolsas para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

-Estar matriculado no curso 2015/16 en:
.Bacharelato.
.Ensinos profesionais de música e danza.
.Grao medio de Formación Profesional.
.Grao medio de artes plásticas e deseño.
.Grao medio de ensinos deportivos.
.Ensinos de idiomas de nivel intermedio ou avanzado.
-Ter aprobado totalmente o curso inmediatamente anterior e obter no devandito curso unha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés.
-Terán preferencia os solicitantes que obtivesen unha puntuación superior.

Dotación:
A axuda cobre todos os gastos de ensino, material, manutención e aloxamento. O transporte ata as instalacións corre por conta do alumno que, así mesmo, debe abonar 100 euros á empresa.

MAIS INFORMACIÓN: http://www.mecd.gob.es/…/…/para-estudiar/idiomas/998697.html