Extensión: 6,8 Km2
Entidades:
Bretoña, Couso, Fonte do Curro.
Festas:
Santa María - 15 de agosto - Fonte de Curro.
Igrexa de Curro
Localización: Fonte de Curro. Curro. Nunha pequena explanada na intersección de dúas carreteras. A súa beir o cemiterio e a explanada do campo de festas. .
Estado de conservación: Aceptable.
Descripción: Igrexa en sillería irregular, con campanario lateral sinxelo con cuberta piramidal en pedra. Porta central adintelada con hornacina superior. Planta en "L".
Cruceiro da Igrexa de Curro
Localización: Fonte de Curro. Curro. No atrio da igrexa, casi sobre o balo de peche, rodeada de árbores e céspede no chan.
Estado de conservación: Aceptable.
Descripción: O pedestal simple sobre escalóns, fuste hexagonal con capitel con moitas volutas en disposición circular, cruz con Cristo e imaxe da Virxe. No frente mesa de oficios.
Cruceiro Torre de Curro
Localización: TORRE
de Curro. Curro. No medio da aldea, rodéase de casas e hortas, está instalado no medio da pista asfaltada.
Estado de conservación: Regular.
Descripción: De aspecto robusto, pedestal sobre dous escalóns, fuste hexagonal con figura, capitel complexo con volutas e anxelotes, cruz con Cristo e Virxe.